PLAYLIST

domingo, 1 de mayo de 2016

Proxecto Final

 Bueno amigos e amigas de Culturalízate, aquí está o noso esperado proxecto final.

Espero que vos guste a todos e a todas!

Un saúdo, ata pronto! :) :)



DESPEDIDA

Moi boas e soleadas tardes! Qué tal foi a vosa semana? Eu, como xa vos teño comentado, ando bastante estresada co tema das clases, pero en xeral estou ben.

Bueno, a entrada de hoxe é para despedirme de vós, dos amigos e das amigas de Culturalízate, xa que mañá realizamos a exposición do proxecto e estamos rematanto a asignatura; mellor dito, a asignatura e o curso. Pois ben, vou falar un pouco sobre a miña experiencia na materia e no traballo, e falar algo do proceso.

Cando comezamos o cuatrimestre pensei que esta asignatura me ía gustar e estaría ben. É certo que o proxecto nos deu bastante traballo, pero creo que mereceu a pena, e precisamente certei ca miña primeira impresión, xa que considero que as tecnoloxías son moi importantes e útiles porque nos facilitan, e por tanto unha materia específica na que se imparten tamén o é. 

Penso tamén que, aínda que requeriu esforzarse bastante, é comprensible se temos en conta que o traballo duro pode chegar a dar como froitos proxectos moi bós, que descatan por ser creativos e orixinais, por estar moi compretos, por ser innovadores... hai moitas posibilidades, pero está claro que traballando duro se poden conseguir grandes logros. Ademais, tamén hai que ter en conta que para os proxectos, nos que realizamos o propio blog, unha webquest, e, no noso caso unha revista dixital, proporcionáronsenos recursos a maiores dos que buscamos pola nosa conta que, na miña opinión, si que nos valeron e lles demos uso.

Polo momento despídome de vós, xa que como vos comentaba antes o curso remata e veñen as vacacións. Sería fantástico que lle poidades dar algún tipo de uso ó noso proxecto ou empregalo como exemplo. En calquera caso, espero que vos gustara.
Un saúdo e ata sempre!