PLAYLIST

domingo, 1 de mayo de 2016

Proxecto Final

 Bueno amigos e amigas de Culturalízate, aquí está o noso esperado proxecto final.

Espero que vos guste a todos e a todas!

Un saúdo, ata pronto! :) :)



DESPEDIDA

Moi boas e soleadas tardes! Qué tal foi a vosa semana? Eu, como xa vos teño comentado, ando bastante estresada co tema das clases, pero en xeral estou ben.

Bueno, a entrada de hoxe é para despedirme de vós, dos amigos e das amigas de Culturalízate, xa que mañá realizamos a exposición do proxecto e estamos rematanto a asignatura; mellor dito, a asignatura e o curso. Pois ben, vou falar un pouco sobre a miña experiencia na materia e no traballo, e falar algo do proceso.

Cando comezamos o cuatrimestre pensei que esta asignatura me ía gustar e estaría ben. É certo que o proxecto nos deu bastante traballo, pero creo que mereceu a pena, e precisamente certei ca miña primeira impresión, xa que considero que as tecnoloxías son moi importantes e útiles porque nos facilitan, e por tanto unha materia específica na que se imparten tamén o é. 

Penso tamén que, aínda que requeriu esforzarse bastante, é comprensible se temos en conta que o traballo duro pode chegar a dar como froitos proxectos moi bós, que descatan por ser creativos e orixinais, por estar moi compretos, por ser innovadores... hai moitas posibilidades, pero está claro que traballando duro se poden conseguir grandes logros. Ademais, tamén hai que ter en conta que para os proxectos, nos que realizamos o propio blog, unha webquest, e, no noso caso unha revista dixital, proporcionáronsenos recursos a maiores dos que buscamos pola nosa conta que, na miña opinión, si que nos valeron e lles demos uso.

Polo momento despídome de vós, xa que como vos comentaba antes o curso remata e veñen as vacacións. Sería fantástico que lle poidades dar algún tipo de uso ó noso proxecto ou empregalo como exemplo. En calquera caso, espero que vos gustara.
Un saúdo e ata sempre!



viernes, 29 de abril de 2016

ALGÚNS RECURSOS TIC...

Boas tardes! Qué tal estades hoxe? Eu ando con moitos traballos e estudando para os exames e síntome un pouco estresada, pero espero ter sorte e que todo salia ben. Esta tarde queríavos falar sobre algúns recursos TIC variados, que xa facía tempo que nin facía unha entrada sobre eles.

Temos, por exemplo, un blog que se chama El mar es azul no que poderedes atopar xogos para a lectoescritura. Pensei que vos gustaría porque ten exercicios bastante variados, como por exemplo este no que se practican as letras:




Outro recurso que creo que vos pode interesar é Kiddle, un buscador pensado para os nenos e as nenas, xa que nos ofrece sitios seguros e emprega unha linguaxe mais adaptada, bloqueando palabras malsoantes e resultados cun significado explícito. Así que se vos preocupa a seguridade dos vosos fillos e das vosas fillas podédeslle botar un vistazo e comprobar como de efectivo pode ser para vós.

O último recurso chamase ARASAAC, unha páxina na que poderedes atopar pictogramas. Ocurríuseme falarvos dela porque neste cuatrimestra estamos traballando nunha asignatura sobre os trastornos do desenvolvemento e as dificultades de aprendizaxe. Paréceme realmente útil porque con ela podemos crear axendas para os nenos e as nenas con Autismo ou Ásperger, xa que facilitan a anticipación e comprension das situacións e teñen efectos positivos que favorecen a tranquilidade e a calma, favorecen a súa motuvación para a aprendizaxe e contribúen a organizar o seu mundo. Se clicades aquí podedes acceder á páxina.

Despídome por hoxe, espero que pasedes unha boa tarde, ata a póxima!



miércoles, 27 de abril de 2016

INFORME NOVAS TECNOLOXÍAS

Boas tardes!
Hoxe traémosvos o informe do noso proxecto, no que estivemos traballando estes días. Consta dunha xustificación sobre a elección do medio (unha revista dixital), e de porqué escollemos o tema da diversidade. Despois, facemos referencia ó contexto, no que explicamos o centro no que se levaría a cabo o traballo. A continuación ven o contexto curricular, no que poderedes ver os obxectivos, as competencias e o área a tratar; as actividades, que coñecedes porque xa foron publicadas no blog e finalmente unha conclusión e a bibliografía. Para ver o noso informe clicade aquí. 

Tamén fixemos unha webquest, unha actividade na que se realizan exercicios a partir dun proceso guiado. Se pinchades aquí podedes vela. Esperamos que vos guste e xa nos vemos pronto!


Culturalízate

martes, 26 de abril de 2016

Ola,ola a todos e todas!

 Aquí vos deixo a nosa última actividade para o proxecto, neste caso é un multimedia e escollimos facer un slow motion.

Nel represéntase un salto como o que fan os masai para medir a súa forza.

Asique xa sabedes se vos animades comprobade canta forza podedes ter a través dun salto.

un saúdo! :)


miércoles, 20 de abril de 2016

ALGÚNS CONSELLOS E MEDIDAS PARA A DIVERSIDADE

Boas tardes internautas! Que hai de novo polas vosas vidas? Eu ando un pouco estresada cos traballos e os exames de clase e case non teño tempo para nada, e tamén espero que vos estedeades ben.

Pois hoxe estou de novo para facer outra reflexión teórica porque teño pouquiñas e quero ter algo de variedade nas entradas.  Estiven pensando que xa vos falei varias veces da atención á diversidade, pero nunca me parei a explicarvos en qué consiste e a quén se inclúe. Pois ben, a diversidade cultural refírese ó conxunto de accións educativas que nun sentido amplo tratan de previr e dar resposta ás necesidades de todo o alumnado do centro e, entre eles, á parte que precisa unha actuación específica derivada de factores persoais ou sociais relacionados con situacións de desvantaxe sociocultural, de altas capacidades, de comprensión lingüística, comunicación e da linguaxe ou discapacidade física, psíquica, sensorial ou con trastornos graves da comunicación e da linguaxe. Por tanto, ca diversidad trátase de garantizar o desenvolvemento de todos os alumnos e todasas alumnas á vez que reciben atención en función das necesidades que teñan.

Algúns consellos para fomentar a diversidade, débese ampliar o acceso ás Tecnoloxías da Información e Comunicación para mellorar os aprendizaxes e reducir a brecha dixital; impulsar medidas cas que lograr un clima escolar favorable que propicie a integración, o respeto mutuo e a solución de conflictos a través do diálogo entre os distintos actores e actrices da comunidade educativa; tamén é importante proporcionarle ó profesorado apoio interdisciplinario para que sexan capaces de identificar adecuadamente as dificultades de aprendizaxe; promover mecanismos de concertación entre distintos secotrs do gobernó e da sociedade civil para o debate e monitoreo das políticas educativas e para enfrontar as causas que xeran desigualdade dentro e fora dos sistemas educativos, proporcionando recursos para que o estudantado en situación de alto riesgo de exclusión educativa ou social podan, en igualdade de condicións, aproveitar as oportunidades educativas; adoptar unhas medidas educativas para atender a diversidade, tales como a educación intercultural, educación como enfoque de xénero, diversificación da oferta educativa, adaptación do currículo, elaboración de textos ou imaxes que non conteñan estereotipos, extensión da xornada escolar, calendarios flexibles… e deseñar acción específicas para asegurar o dereito a unha educación de calidade en igualdade de condicións.

Por suposto é necesario promover unha educación intercultural e bilingüe para todos os niveis educativos, priorizar a mellora da calidade das escolas rurais e crear redes, e ampliar o acceso e a mellora da calidade da educación para aqueles alumnos e alumnas que teñan Necesidades Educativas Especiais, fortalecendo os procesos de escolas inclusivas e transformando progresivamente os centros de educación especial en centros que conten con recursos para a comunidade e o resto do sistema educativo.


Con isto xa me despido de vos, espero que pasedes unha boa semana e vémonos a próxima. Un saúdo!

lunes, 18 de abril de 2016

Ola mozos /as!

Escribimos esta entrada co fin de agradecer os comentarios que se fixeron sobre as nosas entradas, máis ben, os bos comentarios.

Ditos comentarios fannos ver que o noso proxecto está sendo interesante e apórtanos unha motivación extra de cara ao futuro.

Un saúdo a todos/as!