PLAYLIST

viernes, 29 de abril de 2016

ALGÚNS RECURSOS TIC...

Boas tardes! Qué tal estades hoxe? Eu ando con moitos traballos e estudando para os exames e síntome un pouco estresada, pero espero ter sorte e que todo salia ben. Esta tarde queríavos falar sobre algúns recursos TIC variados, que xa facía tempo que nin facía unha entrada sobre eles.

Temos, por exemplo, un blog que se chama El mar es azul no que poderedes atopar xogos para a lectoescritura. Pensei que vos gustaría porque ten exercicios bastante variados, como por exemplo este no que se practican as letras:




Outro recurso que creo que vos pode interesar é Kiddle, un buscador pensado para os nenos e as nenas, xa que nos ofrece sitios seguros e emprega unha linguaxe mais adaptada, bloqueando palabras malsoantes e resultados cun significado explícito. Así que se vos preocupa a seguridade dos vosos fillos e das vosas fillas podédeslle botar un vistazo e comprobar como de efectivo pode ser para vós.

O último recurso chamase ARASAAC, unha páxina na que poderedes atopar pictogramas. Ocurríuseme falarvos dela porque neste cuatrimestra estamos traballando nunha asignatura sobre os trastornos do desenvolvemento e as dificultades de aprendizaxe. Paréceme realmente útil porque con ela podemos crear axendas para os nenos e as nenas con Autismo ou Ásperger, xa que facilitan a anticipación e comprension das situacións e teñen efectos positivos que favorecen a tranquilidade e a calma, favorecen a súa motuvación para a aprendizaxe e contribúen a organizar o seu mundo. Se clicades aquí podedes acceder á páxina.

Despídome por hoxe, espero que pasedes unha boa tarde, ata a póxima!



No hay comentarios:

Publicar un comentario