Bueno amigos e amigas de Culturalízate, aquí está o noso esperado proxecto final.
Espero que vos guste a todos e a todas!
Un saúdo, ata pronto! :) :)
Este é un blog que se centra no proxecto dunha revista dixital; leva por tema a diversidade cultural na aula. Neste caso centrarémonos na diversidade dalgunhas das culturas africanas e asiáticas.
PLAYLIST
Mostrando entradas con la etiqueta VickyF.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VickyF.. Mostrar todas las entradas
domingo, 1 de mayo de 2016
miércoles, 27 de abril de 2016
INFORME NOVAS TECNOLOXÍAS
Boas tardes!
Hoxe traémosvos o informe do noso proxecto, no que estivemos traballando estes días. Consta dunha xustificación sobre a elección do medio (unha revista dixital), e de porqué escollemos o tema da diversidade. Despois, facemos referencia ó contexto, no que explicamos o centro no que se levaría a cabo o traballo. A continuación ven o contexto curricular, no que poderedes ver os obxectivos, as competencias e o área a tratar; as actividades, que coñecedes porque xa foron publicadas no blog e finalmente unha conclusión e a bibliografía. Para ver o noso informe clicade aquí.
Tamén fixemos unha webquest, unha actividade na que se realizan exercicios a partir dun proceso guiado. Se pinchades aquí podedes vela. Esperamos que vos guste e xa nos vemos pronto!
Tamén fixemos unha webquest, unha actividade na que se realizan exercicios a partir dun proceso guiado. Se pinchades aquí podedes vela. Esperamos que vos guste e xa nos vemos pronto!
Culturalízate
lunes, 18 de abril de 2016
Moi bos días!
Hoxe imos falar do noso proxecto máis en profundidade, xa que tocaremos partes importantes do mesmo, como a contextualización e a temporalización.
Ben, dito o anterior comezaremos falando do contexto, é dicir, o noso proxecto nace para concienciar as mentes do mañá da importancia da diversidade. Este termo é moi amplo e difícil de definir, nel queremos incluir unha serie de valores que queremos inculcar con dito proxecto.
Vamos traballar cos nenos e nenas de primaria dende 1º ata 6º, serán nenos/as comprendidos/as nas idades de 6 a 11 anos, decidimos traballar con ditas idades por moitos motivos, aquí presentamos algúns deles:
- Pola sensibilidade que chegamos a desenvolver hacia os demais.
- Pola facilidade para inculcar certos valores, xa que canto máis maiores nos facemos máis prexuízos temos.
- O proxecto será moito máis dinámico nestas idades que en idades máis tardías, en parte polas ganas e a motivación que poden aportar nenos/as de 6 a 11 anos.
A duración será de 3 meses, é dicir un trimestre do ano escolar. Cremos que un trimestre é o tempo ideal porque nesta franxa temporal os nenos/as poderán asimilar o concepto de diversidade sen que se faga moi aburrido e demasiado recorrente.
Esperamos que vos guste o noso proxecto e que entendades o que realmente queremos conseguir con el, un mundo no que a diversidade signifique igualdade.
Un saúdo!
lunes, 28 de marzo de 2016
Moi bos días a todos e todas!
Espero que vos encontredes ben e que o voso día esté indo de maravilla. Hoxe como cada semana, estou aquí cunha nova ferramenta TIC para por en práctica na aula cos nosos alumnos e alumnas.
A páxina chámase Kubbu e é unha ferramenta ideal para crear as nosas propias actividades para que o noso alumnado poda desenvolvelas como práctica para clase ou para preparar un tema para o exame. Se queredes acceder a páxina, pinchade aquí. O único inconveniente que se lle pode encontrar a páxina e que só se ofrece en inglés e non hai opción para cambiar de idioma.
Isto é todo por hoxe. Ata a semana que ven!!
Un saúdo,
Vicky Fernández
domingo, 20 de marzo de 2016
Ola, que tal a semana?
Supoño que todo ben; a nosa un pouco liada xa que tivemos un exame de historia.
Aínda así tivemos tempo para realizar actividades novas para compartir convós.
Espero que vos gusten!
Por un lado temos o Cuestionario sobre os Mongoles resulta moi interesante á vez que informativo; e por outro Vocabulario unha actividade de relacionar termos propios dos Mongoles.
Xa que ven unha semaniña de vacacións espero que as probedes e que vos parezcan útiles.
Un bico! Ata a semana que ven!
Cuestionario cultura mongola Vocabulario de Mongolia
lunes, 14 de marzo de 2016
Ola, como vai iso?
Estou aquí para falarvos brevemente sobre o galego e a situación na que se atopa.
Hoxe en día valórase moito o feito de que unha persoa fale varias linguas.Actualmente na península conviven sete linguas cooficiais xunto a lingua oficial, o castelán.
En Galicia o galego consíderase a lingua minoritaria debido a que cada vez a xente emprega máis o castelán ben porque llo falaron dende pequenos ou simplemente porque se senten máis cómodos xa que a xente que os rodea o emprega.
Esta lingua queda relegada ao ámbito rural xa que tanto no urbano como na escola foi absorbido polo castelán.
En conclusión debemos valorar ter unha lingua propia e utilizala a miúdo tomando exemplo doutras comunidades autónomas como o País Vasco ou Cataluña.
sábado, 12 de marzo de 2016
Actividades
Ola a todos e a todas!
Esta semana na clase de Novas Tecnoloxías comezamos a facer as nosas actividades para o proxecto, como ben sabedes vai ser unha revista dixital sobre a diversidade cultural na aula.
No noso caso escollimos dúas grandes culturas a africana e a asiática; e dentro delas outras tres; no caso de África seleccionamos a Mursi, Masai e os Surma; mentres que de Asia escollimos os Hindús, Tailandeses e Mongoles.Todas son moi diferentes entre si.
As primeiras actividades decidimos facelas en Educaplay, este é un portal para realizar actividades multimedia tales como adiviñas, dictados, sopas de letras, test, mapas, de relacionar entre outras.
A primera que fixemos foi un mapa para situar cada cultura no país no que se atopa; leva por nome Culturalízate. Pareceunos moi apropiada xa que cremos que se imos falar destas culturas no proxecto debemos saber de onde provén cada unha.
A segunda é un test de preguntas variadas sobre curiosidades das culturas africanas; cremos que é unha actividade que nos vai servir á hora de afianzar os coñecementos aprendidos sobre as diversas culturas que escollimos de África.
Asique xa sabedes se queredes animarvos a facer algunha das dúas actividades deixovos aquí os enlaces directos.
Espero que vos gusten.
Un saúdo
CULTURALÍZATE CULTURAS AFRICANAS
Moi bos días a
todos e todas!
Hoxe estou aquí
un día máis para falar sobre Ferramentas TIC cunha gran utilidade para por en
práctica na nosa aula. Espero que a vós vos parezan tan interesantes coma a
min.
A primeira delas
é Educaplay. É unha páxina web na que podes atopar
actividades creadas por outros mestres sobre diversos asignaturas e diversos
temas. Tamén ti mesmo podes crear a túa propia actividade (ben sexa un cuestionario,
un mapa conceptual, unha actividade de relacionar, étc.) A través destas
actividades o alumnado pode afianzar os coñecementos ou a través de crear a súa
propia actividade, pasarlla logos ao resto da clase, para que todos aprendan
sobre un tema específico.
A seguinte é Tagxedo, a páxina ideal para crear unha nube de palabras. O único problema que
lle atopamos a esta ferramenta é que está en inglés, así que igual non todo o
mundo podería usala.
Por último, a
última ferramenta que encontrei é Testeando. É unha páxina onde podes encontrar
trivials para todos os cursos, tanto Primaria, ESO e Bacharelato , sobre as
asignaturas que se consideran máis difíciles ou importantes para cada curso (no
caso de primaria, por exemplo, inglés, ciencias sociais e naturais, matemáticas
e relixión e lingua castelá). E dentro de cada asignaturas, encontras os temas
que se darían en cada unha e dentro destes os propios test que terán que ser
elaborados polos nosos alumnos e alumnas. Tamén se nos ofrece un apartado no
que en vez de estar dividido por temas, está a asignatura completa. Esta ferramenta
podería usarse tanto na aula, como unha primeira toma de contacto para, por
exemplo, elaborar os coñecementos do noso alumnado, ou os nenos e nenas
poderían usala na casa, para aprender a lección ou como previa preparación a un
exame.
Isto é todo por
esta semana. Espero que vos gusten as aportacións que se fan neste blog e que
lle encontredes as mesmas utilidades que nós.
Un saúdo, e ata a
próxima semana!
Vicky Fernández
domingo, 6 de marzo de 2016
EXPERIENCIAS PRÁCTICAS PARA A REVISTA DIXITAL
Boas tardes xentiña! Qué tal andades?
Hoxe estamos de novo desde culturalízate para comentarvos un
pouco sobre as ideas nas que pensamos para a realización do noso proxecto, e
unha pequeña explicación de cada unha delas. Se vos lembrades na entrada da
presentación falamos de que o noso traballo vai a consistir nunha revista
dixital e nela imos a tratar o tema da diversidade cultural.
Tendo en conta, pois, que imos traballar este ámbito da
diversidade, unha das ideas máis básicas que se nos ocurriron foi realizar un
mapa conceptual no que se inclúan textos, imaxes, vídeos, música, etc, de
cada unha das culturas que estudaremos, sendo estas a hindú, a mongola e a
tailandesa en Asia; e a mursi, a surma e a masai en África. Nestes mapas
explicaremos entre outras cousas de qué tratan, de onde son orixinarias (ampliando
un pouco o ámbito xeográfico) e algunhas curiosidades e costumes sobre elas. Para que os rapaces e rapazas aprendan a
localizalas pensamos nun xogo no que haxa que situalas nun mapamundi,
clasificándoas segundo sexan africanas ou asiáticas, polo seu nome e a través
de imaxes ou cancións populares. Ademais, para tratar estas culturas pensamos
noutras actividades e métodos como os que ides ver a continuación.
Consideramos que ademais dun xogo introductorio como o de antes,
tamén se poden realizar xogos tradicionais de cada cultura e polos en práctica
co alumnado. Estes poderían ser levados a cabo, por exemplo, con materiais como
libros electrónicos (co editor Edilim). De novo, outra actividade lúdica
podería ser que os nenos e as nenas tivesen que facer unha exercicio de
relacionar as vestimentas propias de cada cultura e para que as asociaran
poderíanse dar pequenas pistas propóndolles algunhas adiviñanzas.
Para ver con máis profundidade cada unha das culturas
concretas que se tratan desde Culturalízate tamén buscamos algunhas ideas
máis especificas para cada unha delas. Os nenos e nenas poderían realizar unha
actividade na que terían que asociar as caras pintadas de cores ás emocións, e
en cada imaxe aparecería unha breve explicación. Este sería un bó exemplo para
representar a cultura Surma. Por outra banda, en relación ca cultura Masai terían
que facer un vídeo en slow time ou slow motion relacionado ca acción de saltar,
xa que esto é un feito típico desta cultura africana. Para a tailandesa, poderían
crear os seus propios collares e a través de textos informativos aprenderían o
que representan as anelas que levan. Sobre esta cultura tamén atopamos un xogo chamado “Jam Jii”, que consiste en que 3 ou 4 xogadores e xogadoras poñen as mans sobre o chan. Un dos xogadores ou xogadoras empeza a cantar e os outros e outras moven os dedos mentres a música está sonando. En canto a persoa que están cantando deixe de facelo, os dedos deberán de moverse ao mesmo tempo. Se algunha das persoas que están xogando non deixa de movelos, o seu “castigo” sería encoller un dedo e seguir xogando ata que remate a partida. É algo parecido ao xogo que temos aquí coa música e as cadeiras. Unha forma de explicar o xogo, sería porlle ó noso alumnado algún vídeo deste xogo e se vemos que non atopamos ningún crear un nós mesmos, o cal se acompañaría de algunhas preguntas que demostrarían se os nenos/as entenderon o procedemento. Logo poríase en práctica na nosa aula para que a idea se asimilase de todo. E sobre a cultura mursi, terían que facer un
cuestionario para aprender curiosidades sobre esta tribu. Os Mursi son unha tribú proveñente de África cuxa característica máis salientable é lucir pratos nos beizos e nas orellas. Para que os nenos/as entenderán isto, a nosa idea era crear un Power Point no que explicamos o porqué desta tradición e logo en forma de cuestionario, “examinalos” para nós ver e que eles mesmos vexan se lles serviu e se o entenderon.
Desde Culturalízate despedímonos polo momento. Que pasedes
unha boa tarde!
Brainstorming
sábado, 5 de marzo de 2016
Moi boas tardes xentiña!
Espero que o voso sábado esté indo
fenomenal. Hoxe, como cada semana estou aquí para facer unha nova entrada. O
tema hoxe é ferramentas TIC
A primeira que vos quero recomendar
é un canal sobre vídeos educativos que podes encontrar en Youtube. Para acceder
e botar unha ollada, pinchade aquí. Dentro do canal están diferenciadas as
diferentes categorías para que podades acceder a que máis vos guste ou a que
estedes buscando en particular e tamén trata sobre todas as asignaturas, así
que non debería de existir ningún problema.
O seguinte que tamén me pareceu moi
interesante e divertido é ZooBurst. Está dispoñible na tenda
de Apple (AppStore) e é unha forma de crear contos con imaxes sinxelas e que é
fácil de utilizar para todo o mundo, incluso poderíase por en práctica cos
nenos na aula. É un aplicación en inglés, así que dela obteríase dobre ventaxa:
o uso e aprendizaxe do inglés así como o aprender a usar as TIC.
Por último e para rematar esta
entrada xa, a seguinte ferramenta é Kubbu. Para utilizar esta
páxina requírese o rexistro gratuíto e a partir de aí, xa se podería usar a
páxina sen ningún tipo de problema. Esta ferramenta consiste na creación de
exercicios didácticos que máis tarde se porán en práctica na clase ou na aula
cos nosos alumnos/as.
Isto é todo por hoxe. Espero que
disfrutedes das ferramentas e que non atopedes ningún tipo de problema para
utilizalas.
Un saúdo,
Vicky Fernández
domingo, 28 de febrero de 2016
PRESENTACIÓN DE CULTURALÍZATE
Boas tardes internautas! Que tal andades?
Como xa sabedes levamos un tempiño escribindo entradas no
noso Blog, pero aínda non fixemos ningunha presentación, polo que o máis
probable é que non sepades nada sobre nós nin teñades moi claro por onde vai a
liña temática de Culturalízate. A
entrada de hoxe vai a consistir precisamente en explicarvos un pouco o tema que
eleximos para tratar e como nos gustaría facelo. Así que sen máis dilación,
imos aló!
Culturalízate é o nome que lle puxemos ó noso Blog, pero non
se queda unicamente ahí, senón que é algo máis amplo. O que tratamos de facer
desde o grupo Brainstorming, formado por tres mozas e un rapaz, é un
proxecto consistente nunha revista que
teña como tema fundamental a diversidade cultural. Pero a idea que temos en
mente é que esta revista, que sería dixital, esté dirixida especialmente ó
alumnado. Gustaríanos que os nenos e as nenas puidesen ter información sobre outras
culturas traballando con distintos métodos: poderían aprender a través de textos e
lecturas educativas sobre diferentes ámbitos (comida, música, tradicións
populares…); por medio de xogos variados, de investigacións e experimentos que
poderían realizar individualmente ou en grupo, debuxos… e a maiores, xa que
para nós tamén é redundante o tema das TIC, pensamos que se podería facer uso
dunha gran variedade de ferramentas, recursos e experiencias.
Como xa dixemos antes, o noso tema é a diverdidade cultural,
pero en lugar de tratar todas as culturas de forma aberta, decidimos que o
mellor era escoller un número exacto e traballar sobre elas. Despois de falalo
un tempo quedámonos con tres culturas de África e outras tres de Ásia. Probablemente esta semana fagamos outra entrada na que vos expliquemos un pouco de qué van estas culturas e algunhas curiosidades para que vos fagades unha idea. Polo momento realizamos unha pequena presentación en prezi para ir introducindo o Blog. Se queredes vela podedes premer aquí. E con isto xa nos despedimos por hoxe.
Desde Culturalízate desexamos que pasedes unha boa noite. Ata a próxima!
Brainstorming
Desde Culturalízate desexamos que pasedes unha boa noite. Ata a próxima!
Brainstorming
sábado, 27 de febrero de 2016
Moi bos días, internautas!
A semana pasada
pasei por aquí e recomendeivos unha aplicación que se podía usar co alumnado na
aula ou na propia casa. Bueno, pois esta semana estou aquí outra vez para
recomendarvos outras experiencias que xa se están poñendo en práctica en outras
cidades de España.
A primeira delas
é unha experiencia relacionada coa historia que se está levando a cabo en
Palencia, no CEIP Conde de Vallellano e que ten por nome “Proyecto de Historia:
AcuérdaTIC”. Céntrase no estudo das etapas históricas mediante a investigación na propia cidade,
axudándose das familias, de internet, dos documentos que se podan ofrecer no
Concello, étc. Basease tamén no coñecemento das
ferramentas usadas para a historia, é dicir, seleccionar a información dos
lugares ou monumentos que se consideren importantes ou con algún interes histórico, o uso de Google Maps para axudarlles a situalos, a redacción de
resumes con Pages... A partir de todo este proceso os nenos e as nenas, a parte
de aprender máis sobre a súa propia localidade, tamén aprenderán a manexar
actividades que serán de moita utilidade no seu futuro á hora de realizar
traballos.
A segunda
experiencia, tamén levada a cabo en Palencia, pero esta vez no Colexio San
Gregorio, chámase “Héroes TICS” e o seu obxectivo principal é o aprendizaxe a
través de diferentes retos así como o traballo colaborativo. Mediante a
resolución de retos e o traballo en equipo preténdese que o alumno interiorice
os coñecementos e que sexa un pouco competitivo. Os alumnos e alumnas serviranse
dos seus compañeiros e compañeiras e das ferramentas TIC para encontrar as
solución. É unha boa forma de os nenos e as nenas sepan axudarse entre eles.
Ata aquí a
entrada de hoxe! Espero que encontredes estas experiencias tan interesantes e
boas como eu e que, se as poñedes en práctica, resulten eficaces.
Un saúdo,
Vicky Fernández
miércoles, 24 de febrero de 2016
Ola a todos e todas!
Esta semana estivemos facendo un póster cos recursos TIC que atopamos para o noso proxecto; como ben sabedes trátase dunha revista dixital que ten como tema a diversidade cultural na aula.
Espero que vos sirvan de axuda os recursos que vos proporcionamos e que vos guste!
Sen máis demora este é o resultado final do noso póster : Póster de recursos TIC
Esta semana estivemos facendo un póster cos recursos TIC que atopamos para o noso proxecto; como ben sabedes trátase dunha revista dixital que ten como tema a diversidade cultural na aula.
Espero que vos sirvan de axuda os recursos que vos proporcionamos e que vos guste!
Sen máis demora este é o resultado final do noso póster : Póster de recursos TIC
lunes, 22 de febrero de 2016
domingo, 21 de febrero de 2016
Moi boas internautas!
O que vos traio hoxe é un recurso TIC que considero
interesante e divertido para poñer en práctica cos alumnos/as na clase ou que
eles mesmos poden utilizar na súa casa para seguir aprendendo.
É unha aplicación dispoñible no “PlayStore”
de Android chamada “Mapa político” (pinchade aquí para acceder a aplicación). Nesta aplicación se poden encontrar os
cinco continentes cos seus respectivos países e as capitais dos mesmos. Tes a
opción de estudalas e logo tes tamén a opción dun pequeno “exame” para poñer en
práctica o aprendido. Desta forma aprendes non só os diferentes países do mundo
senón tamén a súa localización e as capitais de cada un deles. Como usuaria
desta aplicación podo dicir que é moi boa e que de verdade merece a pena e sírveche
para, no caso de ter un alumno/alumna doutro país na clase, poder ensinarlles
ao resto da clase un pouco da xeografía dese país
Ata aquí esta entrada. Espero que vos pareza interesante
e lle encontredes unha utilidade
¡Verémonos pronto!
Un saúdo,
Vicky Fernández
sábado, 20 de febrero de 2016
REFLEXIÓN SOBRE A BUSCA DOS RECURSOS
Moi bos días a todos e todas!
A última tarefa publicada neste blog foron dos recursos
TIC que poderán ser útiles tanto para os docentes como para o alumnado en canto
ao tema do noso traballo, a atención á diversidade. Ben, pois nesta entrada, a
nosa tarefa consiste en “criticar” un pouco se nos foi fácil ou no a busca, se
atopamos algún problemas e porqué creemos que nos poden ser útiles.
Para empezar, teño que dicir que na miña opinión os
recursos foron difíciles de encontrar porque eu tampouco sabia moi ben o que
tiña que atopar ou a quen llo ía dirixir. Pero tras facer unha pequena lista
coas miñas ideas a busca xa resultou un pouco máis fácil pero inda así moi
dura. Porque a verdade, hoxe en día pódense encontrar recursos sobre moitas
cousas, pero moi poucos relacionados coa atención á diversidade e co que isto
supón. A falta de páxinas dificultou moito a busca e logo das encontradas, a
maioría estaban incompletas, mal explicadas ou simplemente non se lles podía dar
un uso na aula de forma interactiva. É dicir, podemos resumilo en que abundaba
a cantidade de páxinas pero non a calidade.
Pero a medida que eu empezaba a ter máis claro o que
necesitaba ou o que necesitaba atopar, a busca fíxose máis fácil xa que eu puiden
fixarme so naquelo que de verdade me interesaba e consideraba importante.
Por último dicir que me parece un pouco preocupante que
non existan máis páxinas, vídeos ou recursos relacionados con este tema, porque
así parece que é algo que existe e que cada día vese con máis frecuencia pero
que é un problema que a xente quere evitar e iso non é xusto.
Ata aquí esta entrada, espero que vos guste e que estedes
de acordo comigo.
Un saúdo!
Vicky Fernández
lunes, 15 de febrero de 2016
¡Ola a todos e todas!
Un saúdo,
Vicky Fernández
Nestas últimas semanas estiven realizando unhas fichas acerca dos recursos que consultei acerca de atención a diversidade e que utilizaremos para o noso traballo. Se queredes consultar a primeira ficha pinchade aquí . Para botarlle unha ollada á segunda ficha pinchade aquí .
Un saúdo,
Vicky Fernández
domingo, 7 de febrero de 2016
RECURSOS TIC PARA O AULA
¡Moi boas noites
a todas e todos!
Hoxe estou aquí outra vez para falar sobre algúns recursos ou
aplicaciones que atopei e que me parece que poderían ser útiles nunha aula e
tamén na casa, para que os máis pequenos e pequenas poidan disfrutar á vez que
aprenden.
A primeira sería
unha aplicación que se pode atopar en iTunes e que se chama “ABC Kit” coa que
os nenos e as nenas aprenderán o abecedario e caligrafía mediante xogos e sons.
A aplicación consta de tres fases principais. A primeira sería coñecer as
letras e permitir ao neno ou nena diferencialas. As letras acompáñanse cos
nomes dalgún animal ou de obxectos para facilitar así a aprendizaxe. A segunda é
escoitar, e a parte disto consta tamén cunha representación gráfica das letras (maiúsculas e minúsculas).
E para rematar, a última fase é que os mesmos nenos e nenas escriban as letras
por si mesmos, axudados por una frecha ao principio que lles guiará e que logo
desaparecerá para que o fagan sen axuda. É unha boa aplicación xa que os nenos divírtense
á vez que están aprendendo.
Logo atopamos
tamén unha aplicación chamada “Montessori Numberland” a través da cal os nenos
e as nenas aprenderán a sinalar e coñecer os números do un ao nove. Con esta
aplicación tamén practicarán a lectura e escritura así como contar os números. É
un servicio distribuído tamén por iTunes.
Outra aplicación,
relacionada tamén coa aprendizaxe do alfabeto, é “El tren del Alfabeto de Lola”
no cal poden aprender o alfabeto grazas a cinco minixogos e en dez idiomas
diferentes, contando con maiúsculas e minúsculas. Dentro de esta gama de Lola, podemos atopar
outros xogos interactivos que axudarán aos nenos e as nenas a aprender sobre
diversos campos como poden ser as matemáticas ( “El Barco de las matemáticas de
Lola” e “El tren de las matemáticas de Lola” ).
E con isto
remato. Espero que vos servira esta información e que as aplicacións propostas
nesta entrada vos sexan útiles tanto se sodes profesores, profesoras, pais ou
nais.
Un saúdo,
Vicky Fernández
viernes, 5 de febrero de 2016
Comentario sobre recursos TIC
Moi boas a todos
e todas,
Hoxe estou aquí
para falar e dar a miña opinión sobre algún xornais e revistas dixitais que
encontrei interesantes e que creo que poderían servir nun futuro para poñer en
práctica na aula e para ser usados tanto polo colectivo docente como polo
alumnado. En xeral é de dicir que a maioría das páxinas creo que serán de gran
utilidade xa que contan con diversos medios e axudas para facilitar o seu uso
así como a busca ou a resolución das dúbidas que poidan xurdir á vez que te
manexas coa páxina ou á vez que estás tentado crear o teu propio xornal ou
revista dixital.
Unha das primeiras
páxinas que consultei foi “Eduteka”, utilizada para a elaboración de xornais
dixitais. Considero que é unha boa páxina xa que explica todos os puntos a
seguir e é bastante fácil de manexar. O entendemento xa é un pouco máis
complicado en algúns dos seus puntos, pero acabas por entendelo dentro do
contexto e por iso creo que resulta tan fácil manexarse con esta páxina. Ten un
apartado referido aos recursos que podes encontrar e utilizar. Seguindo con
páxinas que me agradaron, destaco tamén “Educación 3.0”. Conta con un moi bo
contido, xa que a parte de proporcionar recursos (orientados a todos os ciclos
de educación) tamén atopamos unha sección de experiencias e entrevistas que
poderíanse incluír no proxecto para soportar unha idea, ou para dar pe a unha
nova. Teño que mencionar que a pesar de todo o bo, existe un problema que é o
difícil manexo da páxina.
A páxina “Letterpop”, para crear revistas, é tamén
moi útil, pero o principal erro é que se atopa en inglés e non che da a opción
de cambialo a castelán polo que se non sabes inglés, é de difícil manexo. Por
último, “Pixel Bit” está ben, xa que che permite cambiar o idioma e así poderá
chegar a máis xente. Defende que a súa misión é impulsar as TIC pero na páxina
non queda moi claro como se conseguirá o obxectivo. Polo resto, é bastante útil
e boa. Ademais, consta cun dicionario “Thesaurus” con todo o vocabulario
relacionado coas TIC que poderá ser útil ou que se use na mesma páxina.
Sen dúbida
algunha, a mellor páxina de todas as que consultei foi a “Revista Educa” ( pinchade aquí para acceder ao enlace) xa que ten todo tipo de facilidades non
solo para os docentes senón para os alumnos e alumnas e é moi fácil de manexar,
a parte de tratar diversos temas, todas as materias escolares. É interactiva,
xa que ten vídeos e trata diversos temas de moitas maneiras posibles para que
sexan de fácil entendemento para todo o mundo, tanto os nenos e nenas, as
familias e os profesores e profesoras.
E dicindo isto,
remato o meu comentario sobre estes diferentes recursos TIC. Moitas grazas por
pararos no blog para ler
Un saúdo,
Vicky Fernández.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


