Moi boas a todos
e todas,
Hoxe estou aquí
para falar e dar a miña opinión sobre algún xornais e revistas dixitais que
encontrei interesantes e que creo que poderían servir nun futuro para poñer en
práctica na aula e para ser usados tanto polo colectivo docente como polo
alumnado. En xeral é de dicir que a maioría das páxinas creo que serán de gran
utilidade xa que contan con diversos medios e axudas para facilitar o seu uso
así como a busca ou a resolución das dúbidas que poidan xurdir á vez que te
manexas coa páxina ou á vez que estás tentado crear o teu propio xornal ou
revista dixital.
Unha das primeiras
páxinas que consultei foi “Eduteka”, utilizada para a elaboración de xornais
dixitais. Considero que é unha boa páxina xa que explica todos os puntos a
seguir e é bastante fácil de manexar. O entendemento xa é un pouco máis
complicado en algúns dos seus puntos, pero acabas por entendelo dentro do
contexto e por iso creo que resulta tan fácil manexarse con esta páxina. Ten un
apartado referido aos recursos que podes encontrar e utilizar. Seguindo con
páxinas que me agradaron, destaco tamén “Educación 3.0”. Conta con un moi bo
contido, xa que a parte de proporcionar recursos (orientados a todos os ciclos
de educación) tamén atopamos unha sección de experiencias e entrevistas que
poderíanse incluír no proxecto para soportar unha idea, ou para dar pe a unha
nova. Teño que mencionar que a pesar de todo o bo, existe un problema que é o
difícil manexo da páxina.
A páxina “Letterpop”, para crear revistas, é tamén
moi útil, pero o principal erro é que se atopa en inglés e non che da a opción
de cambialo a castelán polo que se non sabes inglés, é de difícil manexo. Por
último, “Pixel Bit” está ben, xa que che permite cambiar o idioma e así poderá
chegar a máis xente. Defende que a súa misión é impulsar as TIC pero na páxina
non queda moi claro como se conseguirá o obxectivo. Polo resto, é bastante útil
e boa. Ademais, consta cun dicionario “Thesaurus” con todo o vocabulario
relacionado coas TIC que poderá ser útil ou que se use na mesma páxina.
Sen dúbida
algunha, a mellor páxina de todas as que consultei foi a “Revista Educa” ( pinchade aquí para acceder ao enlace) xa que ten todo tipo de facilidades non
solo para os docentes senón para os alumnos e alumnas e é moi fácil de manexar,
a parte de tratar diversos temas, todas as materias escolares. É interactiva,
xa que ten vídeos e trata diversos temas de moitas maneiras posibles para que
sexan de fácil entendemento para todo o mundo, tanto os nenos e nenas, as
familias e os profesores e profesoras.
E dicindo isto,
remato o meu comentario sobre estes diferentes recursos TIC. Moitas grazas por
pararos no blog para ler
Un saúdo,
Vicky Fernández.
No hay comentarios:
Publicar un comentario