PLAYLIST

domingo, 21 de febrero de 2016

Boas noites a todos e a todas!

Para rematar coas entradas destinadas esta semana vouvos falar dun recurso TIC que atopei indagando en internet.

Esta vez trátase dun recurso educativo levado a cabo polo convenio de internet na aula xunto co Ministerio de Educación e Cultura e as comunidades autónomas. Leva por nome "Proyecto Cifras" e como ben indica o nome trata sobre as diversas áreas das matemáticas no ámbito da educación primaria; está estructurado por ciclos e bloques de contido.

Paréceme un recurso moi útil xa que pode ser empregado tanto por mestres e mestras como por alumnos e alumnas e incluso, neste caso polas familias.

Deixovos aquí o enlace: Proyecto Cifras , por se alguén quere pasarse e utilizala ou simplemente para botarlle unha visual; a verdade e que para os nenos e as nenas é bastante entretida  e creo que pode ser útil para empregar nas clases de matemáticas sempre que o colexio teña os recursos TIC óptimos para a actividade.

Bueno e isto é todo por hoxe. Un saúdo para todos e todas.

Ata pronto!


No hay comentarios:

Publicar un comentario