PLAYLIST

sábado, 20 de febrero de 2016

REFLEXIÓN SOBRE A BUSCA DOS RECURSOS

Moi bos días a todos e todas!

A última tarefa publicada neste blog foron dos recursos TIC que poderán ser útiles tanto para os docentes como para o alumnado en canto ao tema do noso traballo, a atención á diversidade. Ben, pois nesta entrada, a nosa tarefa consiste en “criticar” un pouco se nos foi fácil ou no a busca, se atopamos algún problemas e porqué creemos que nos poden ser útiles.
Para empezar, teño que dicir que na miña opinión os recursos foron difíciles de encontrar porque eu tampouco sabia moi ben o que tiña que atopar ou a quen llo ía dirixir. Pero tras facer unha pequena lista coas miñas ideas a busca xa resultou un pouco máis fácil pero inda así moi dura. Porque a verdade, hoxe en día pódense encontrar recursos sobre moitas cousas, pero moi poucos relacionados coa atención á diversidade e co que isto supón. A falta de páxinas dificultou moito a busca e logo das encontradas, a maioría estaban incompletas, mal explicadas ou simplemente non se lles podía dar un uso na aula de forma interactiva. É dicir, podemos resumilo en que abundaba a cantidade de páxinas pero non a calidade.

Pero a medida que eu empezaba a ter máis claro o que necesitaba ou o que necesitaba atopar, a busca fíxose máis fácil xa que eu puiden fixarme so naquelo que de verdade me interesaba e consideraba importante.

Por último dicir que me parece un pouco preocupante que non existan máis páxinas, vídeos ou recursos relacionados con este tema, porque así parece que é algo que existe e que cada día vese con máis frecuencia pero que é un problema que a xente quere evitar e iso non é xusto.

Ata aquí esta entrada, espero que vos guste e que estedes de acordo comigo.

Un saúdo!

Vicky Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario