Moi bos días, internautas!
A semana pasada
pasei por aquí e recomendeivos unha aplicación que se podía usar co alumnado na
aula ou na propia casa. Bueno, pois esta semana estou aquí outra vez para
recomendarvos outras experiencias que xa se están poñendo en práctica en outras
cidades de España.
A primeira delas
é unha experiencia relacionada coa historia que se está levando a cabo en
Palencia, no CEIP Conde de Vallellano e que ten por nome “Proyecto de Historia:
AcuérdaTIC”. Céntrase no estudo das etapas históricas mediante a investigación na propia cidade,
axudándose das familias, de internet, dos documentos que se podan ofrecer no
Concello, étc. Basease tamén no coñecemento das
ferramentas usadas para a historia, é dicir, seleccionar a información dos
lugares ou monumentos que se consideren importantes ou con algún interes histórico, o uso de Google Maps para axudarlles a situalos, a redacción de
resumes con Pages... A partir de todo este proceso os nenos e as nenas, a parte
de aprender máis sobre a súa propia localidade, tamén aprenderán a manexar
actividades que serán de moita utilidade no seu futuro á hora de realizar
traballos.
A segunda
experiencia, tamén levada a cabo en Palencia, pero esta vez no Colexio San
Gregorio, chámase “Héroes TICS” e o seu obxectivo principal é o aprendizaxe a
través de diferentes retos así como o traballo colaborativo. Mediante a
resolución de retos e o traballo en equipo preténdese que o alumno interiorice
os coñecementos e que sexa un pouco competitivo. Os alumnos e alumnas serviranse
dos seus compañeiros e compañeiras e das ferramentas TIC para encontrar as
solución. É unha boa forma de os nenos e as nenas sepan axudarse entre eles.
Ata aquí a
entrada de hoxe! Espero que encontredes estas experiencias tan interesantes e
boas como eu e que, se as poñedes en práctica, resulten eficaces.
Un saúdo,
Vicky Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario