PLAYLIST

miércoles, 24 de febrero de 2016

EXEMPLOS DE EXPERIENCIAS PRÁCTICAS

Boas noites xentiña!

A semana pasada comenteivos un pouco sobre algunhas experiencias prácticas que atopara e me pareceu que podían ser de utilidade para aplicar nas aulas e hoxe tamén me gustaría falarvos doutros exemplos que considero que poden ter un efecto beneficioso nos seus contextos.

No C.E.I.P San José Artesano fan uso dunha plataforma de traballo colaborativo para tratar contidos de Lingua a través de receitas de cociña. A partir desta práctica trabállanse igualmente as áreas de Matemáticas, polo uso dos números e operacións nas cantidades, e de Coñecemento do Medio, mediante hábitos de saúde e hixiene.

Por outra parte no Colexio Rural Agrupado Ariño-Alloza de Teruel, aínda que esta praxe se leva a cabo tamén noutros centros, integran a radio na escola en todas as áreas curriculares e niveis educativos, de forma que o propio alumnado proporciona medios para a aprendizaxe e se convirte no protagonista do proceso educativo.

Para terminar os alumnos de 6º de Primaria realizaron o proxecto “La vuelta al mundo en 24 horas”. O seu obxectivo era realizar unha viaje arredor do mundo, un proxecto baseado no modelo The Flipped Classroom, unha metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos e un modelo de traballo con IPads. 

E con isto xa me despido. Que pasedes unha boa noite!



Eva G.

No hay comentarios:

Publicar un comentario