PLAYLIST

sábado, 27 de febrero de 2016

Ola de novo!

Esta semana traiovos unha páxina que para min resulta moi interesante.

Creo que a todos os nenos e as nenas se lles debería fomentar o gusto pola lectura teñan a idade que teñan e por iso esta páxina pode ser moi útil El Tinglado , como ben pon no enlace chámase El Tinglado e nela atópanse diferentes contos ou historias para nenos/as de entre 3 e 8 anos. É unha páxina moi completa xa que a historia pode ser ou ben lida ou ven escoitada ou ambalas dúas á vez; e , ademáis diso conta cunhas actividades posteriores moi sinxelas para facer un breve resumo e para saber do que nos lembramos da lectura.

Por outra banda, outra páxina interesane que tamén promove a lectura e esta vez a escritura tamén é Caja de las palabras mágicas. Esta ensínanos as pautas dende a máis básica á máis complexa para escribir un conto ou unha historia. Tamén poderás atopar nela xogos, revistas, feiras de libros... un sen fin de acividades.Deixovos o enlace para que a visitedes : Cajadelaspalabrasmágicas .

Ambalas dúas propostas son moi sinxelas de empregar e aptas para todos os nenos e nenas de primaria principalmente.

Sen máis debemos fomentar a lectura nos nenos xa que:

Un saúdo e ata pronto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario