PLAYLIST

viernes, 19 de febrero de 2016

REFLEXIÓN SOBRE EXPERIENCIAS PRÁCTICAS

Que hai de novo, internautas? 

Se vos fixastes estamos a personalizar o blog engadíndolle algúns gadgets para facelo
máis creativo e orixinal.  Esperamos que vos guste, e sen entreternos máis imos ó noso tema. Nesta reflexión vouvos falar un pouco sobre algunas experiencias prácticas que penso que se poderían aplicar nas aulas.

As  TIC pódense empregar dentro destas experiencias prácticas porque lle permiten ó alumnado, entre outras cousas, adquirir novos coñecementos, buscar información e desenvolver as súas competencias a través de medios dixitais e telemáticos. Non hai que abusar da tecnoloxía, pero ir máis aló das formas e métodos tradicionais nas aulas tería moitas ventaxas para os alumnos e alumnas.
Así, a través das TIC o profesorado pode organizar unha parte do seu material a partir da tecnoloxía, creando presentacións dixitais e explicando a partir das para facer que as clases sexan de máis interese; recomendarlle ó correspondente alumnado recursos como webs, blogs ou aplicacións que lles puideran ser de utilidade para aprender;  e tamén formarse a distancia mediante cursos, o que nalgúns casos supón bastante comodidade. Precisamente os recursos dos que falamos nas reflexións do blog poderían servir para levar á práctica nas aulas. Ademáis os centros escolares tamén poderían establecer as súas propias páxinas web para as persoas que forman parte deles.

Buscando en Internet atopei algunhas prácticas que me pareceron interesantes: nun colexio de Gipuzkoa realizaron un proxecto para estudar o ecosistema dun río que pasa pola súa localidade a través de aplicación de xeolocalización. Na Institución Brains, que ten tres centros multilingües en Madrid e outro en Gran Canaria, contan cunha impresora 3D que empregan en distintas materias, como estudar os volúmenes en Matemáticas, estudar a perspectiva en Plástica, ou as partes dunha célula en Bioloxía. Ademais , atopei unha escola na que se se recurre a unidades de traballo, actividades, fichas, recursos, webquest, vídeos...que empregan para as clases de Educación Física e outra na que se imparte a Música a través de proxectos, realización de raps e pósters interactivos sobre diversos xéneros musicais. 

Con isto xa me despido, ata logiño e lembrade: Culturalízate!



Eva M. Gayoso



No hay comentarios:

Publicar un comentario