Boas
noites!
Hoxe vou a falar un pouco sobre algúns recursos que atopei e me pareceron interesantes para comentar. Como xa se menciona na propia portada do blog e na miña reflexión anterior, en Culturalízate con BrainStorming tratamos principalmente a diversidade, así que as miñas buscas foron precisamente sobre este asunto.
Hoxe vou a falar un pouco sobre algúns recursos que atopei e me pareceron interesantes para comentar. Como xa se menciona na propia portada do blog e na miña reflexión anterior, en Culturalízate con BrainStorming tratamos principalmente a diversidade, así que as miñas buscas foron precisamente sobre este asunto.
Penso
que estaría ben tratar este tema a través de recursos que o fagan máis
divertido e sinxelo de entender para os nenos e as nenas, xa que así
probablemente se consiga que se interesen máis por el.
O
primeiro no que pensei para tratar a diversidade foi en buscar recursos que nos
permitan realizar animacións dixitais, como contos, cómics ou videoclips. Por
exemplo, con Crea Cómics (de GenMàgic) pódense crear cómics dunha
maneira moi sinxela, de forma que podemos escoller os escenarios das viñetas,
engadirlles personaxes, obxectos e diálogos, e incluso escribir sobre elas.
Se
falamos de diversidade cultural, referímonos ó respeto e á integración dos
alumnos e alumnas que proceden doutros países. Considero que unha boa forma de integrarlos e integralas é que o
alumnado en xeral sepa algo sobre as culturas foráneas. Existen numerosas webs
para crear os nosos propios puzzles, sopas de letras, crucigramas, laberintos, mensaxes…
como por exemplo Puzzlemaker, Crossword Puzzle Games, edHelper.com, ou Kubbu; ou tamén outras cas que poidamos propor
exercicios de vocabulario, no sentido de que a partir deles se poidan aprender
palabras doutras linguas.
Por outra parte, no relativo
á diversidade tamén hai que ter en conta ós rapaces e rapazas con necesidades
educativas especiais, referíndome neste caso ás discapacidades, e ós nenos e
nenas superdotados/as ou con altas capacidades.
Atopei, por exemplo, o proxecto Azahar, que consiste
nunha serie de aplicacións (música, fotos, vídeos , alarmas…) que se poden
descargar de forma gratuíta e que serven para axudar a mellorar a calidade de
vida das persoas con autismo ou discapacidade intelectual. A maiores hai outros
programas e webs sobre discapacidade visual, auditiva, física ou psíquica como
o software “Lee todo”, o sistema Avel, Globus 3, Dragon Naturally…
Para despedirme, dicirvos que ARCE quiero saber é unha páxina na que
podemos atopar blogs, experiencias educativas ou consellos relacionados cos
nenos e nenas superdotados/as, entre outras cousas.
Un saúdo,
Eva M. Gayoso
No hay comentarios:
Publicar un comentario