PLAYLIST

jueves, 11 de febrero de 2016

Recursos TIC para o Aula


Ola a todos e a todas! 

Estou aquí de novo para falarvos de algún dos recursos TIC que atopei e que me pareceron interesantes para compartir.
Un dos primeiros, ó cal xa lle demos uso, foi  o software de presentación Prezi que substitúe con creces ao powerpoint  de toda a vida que todos coñecemos.  Co Prezi pódense elaborar s moito mais animadas e máis visuais o que fai que sexa moito máis ameno e menos conceptual.

Outro recurso TIC interesante é a aplicación My Study Life, apta para todo aquel estudante que precise organizarse. É una aplicación totalmente gratuíta, dispoñible en inglés e accesible dende calquer lugar tanto no móbil como no ordenador o una tableta. Posúe bastantes ferramentas moi útiles que substitúen ás axendas convencionais.

A famosa páxina de youtube tamén é una ferramenta TIC que nos proporciona axuda en case todos os ámbitos ao ter diversas canles.

Indagando en internet e nas redes sociais descubrin unha páxina interesante no Facebook ; deixo aquí o link  pincha aquí chámase AulaPlaneta e paréceme que da bos consellos e información para os profesores.

Finalmente outra ferramenta TIC é o blogger, coñecido por todo o mundo, esta ferramenta é moi útil tanto para os mestres e as mestras  como para os alumnos e hoxe en día moitos colexios xa o realizan e son moi útiles para tratar a diversidade entre outros temas. Entre todos eles este  de Marea Inclusiva, http://somosmareainclusiva.blogspot.com.es/, pareceume interesante xa que teñen un apartado adicado a “Manos Unidas”  no que levan a cabo un proxecto para construír  4 escolas  en Bulbula (Etiopía, África).

E por hoxe xa remato.

Un saúdo para todos e todas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario