Ola a todos e a todas!
O meu primeiro comentario neste blog vai ser sobre os
recursos que nos facilitaron as mestras de novas tecnoloxías para realizar o
noso proxecto da revista escolar.
Visitando os diversos recursos coido que vai ser un proxecto
bastante interesante debido tamén ao tema escollido; a atención á diversidade na aula.
Na escolla dos recursos que podo utilizar centreime nos
adicados á prensa na escola e dentro destes ás revistas. Para comezar en canto
ao deseño da revista pareceume interesante o letterpop, adxuntovos aquí o enlace
por se alguén que teña este mesmo proxecto quere consultalo picha aquí. Nesta páxina móstranse
diversos exemplos de revistas así como os lugares onde se poden publicar e ver
a debandita revista; tamén é un bo método para practicar inglés xa que a páxina
está nesa lingua.
En canto aos exemplos máis destacables destas revistas
parecéronme moi interesantes a revista Comunicar, pincha aquí, e a
revista Pixel Bit, pincha aquí ,
son exemplos moi visuais de tipo blog
que me parecen asequibles para que sexan feitos polos alumnos e alumnas de
primaria tanto os máis pequenos como os maiores.
Outro exemplo, o máis
completo na miña opinión é o da revista de educación de Castela e León; Revista
Educa, nela combínanse dous tipos de revistas; por una banda una revista
informativa sobre multitude de temas descritos tanto en vídeos como en textos
de forma que sexa amena e interactiva a información e por outra, una revista
adicada a xogos e pasatempos que atraen tanto aos máis pequenos como aos
maiores. Deixo aquí o link para que quen o desexe poida acceder : pincha aquí .
Despois de revisar todos estes recursos creo que nos van ser
moi útiles algún deles para poder
afianzar as ideas do que queremos que sexa o noso proxecto.
Espero que vos sirvan de axuda e vos parezcan interesantes.
Un saúdo!
Raquel F.
No hay comentarios:
Publicar un comentario