Bueno amigos e amigas de Culturalízate, aquí está o noso esperado proxecto final.
Espero que vos guste a todos e a todas!
Un saúdo, ata pronto! :) :)
Este é un blog que se centra no proxecto dunha revista dixital; leva por tema a diversidade cultural na aula. Neste caso centrarémonos na diversidade dalgunhas das culturas africanas e asiáticas.
PLAYLIST
Mostrando entradas con la etiqueta Álex G.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Álex G.. Mostrar todas las entradas
domingo, 1 de mayo de 2016
miércoles, 27 de abril de 2016
INFORME NOVAS TECNOLOXÍAS
Boas tardes!
Hoxe traémosvos o informe do noso proxecto, no que estivemos traballando estes días. Consta dunha xustificación sobre a elección do medio (unha revista dixital), e de porqué escollemos o tema da diversidade. Despois, facemos referencia ó contexto, no que explicamos o centro no que se levaría a cabo o traballo. A continuación ven o contexto curricular, no que poderedes ver os obxectivos, as competencias e o área a tratar; as actividades, que coñecedes porque xa foron publicadas no blog e finalmente unha conclusión e a bibliografía. Para ver o noso informe clicade aquí.
Tamén fixemos unha webquest, unha actividade na que se realizan exercicios a partir dun proceso guiado. Se pinchades aquí podedes vela. Esperamos que vos guste e xa nos vemos pronto!
Tamén fixemos unha webquest, unha actividade na que se realizan exercicios a partir dun proceso guiado. Se pinchades aquí podedes vela. Esperamos que vos guste e xa nos vemos pronto!
Culturalízate
lunes, 18 de abril de 2016
Moi bos días!
Hoxe imos falar do noso proxecto máis en profundidade, xa que tocaremos partes importantes do mesmo, como a contextualización e a temporalización.
Ben, dito o anterior comezaremos falando do contexto, é dicir, o noso proxecto nace para concienciar as mentes do mañá da importancia da diversidade. Este termo é moi amplo e difícil de definir, nel queremos incluir unha serie de valores que queremos inculcar con dito proxecto.
Vamos traballar cos nenos e nenas de primaria dende 1º ata 6º, serán nenos/as comprendidos/as nas idades de 6 a 11 anos, decidimos traballar con ditas idades por moitos motivos, aquí presentamos algúns deles:
- Pola sensibilidade que chegamos a desenvolver hacia os demais.
- Pola facilidade para inculcar certos valores, xa que canto máis maiores nos facemos máis prexuízos temos.
- O proxecto será moito máis dinámico nestas idades que en idades máis tardías, en parte polas ganas e a motivación que poden aportar nenos/as de 6 a 11 anos.
A duración será de 3 meses, é dicir un trimestre do ano escolar. Cremos que un trimestre é o tempo ideal porque nesta franxa temporal os nenos/as poderán asimilar o concepto de diversidade sen que se faga moi aburrido e demasiado recorrente.
Esperamos que vos guste o noso proxecto e que entendades o que realmente queremos conseguir con el, un mundo no que a diversidade signifique igualdade.
Un saúdo!
lunes, 4 de abril de 2016
Moi bos días!
Hoxe falarei da diversidade cultural na aula fronte a diversidade cultural na sociedade.
Dende o meu punto de vista, a diversidade é un tema complicado de tratar pero creo que a mellor forma é (como na maioría dos casos) intentar atallar o problema dende o principio.
Neste caso en concreto habería que tomar conciencia dende as aulas, xa que os nenos e nenas de hoxe serán os homes e mulleres do mañán, polo que pasarán a ser membros activos da sociedade.
Se vos resulta interesante o que estou a dicir( que pode ser que non) poderes seguir ampliando a vosa información a cerca do tema neste enlace.
Un saúdo e que teñades unha boa semana!
martes, 29 de marzo de 2016
Ola de novo!
Veño para falar dunha actividade ca que queremos aprendan qué tipo de clima é o que predomina nos lugares aos que pertencen as culturas que imos a tratar.
Por se non vos acordades das ditas imos facer un repaso.
As culturas que imos a tratar ao longo do noso proxecto son as seguintes: Mongola, Tailandesa, Hindú, Mursi, Surma e Masai.
Para divertirte preme aquí.
Espero que disfrutedes con esta actividade!
Un saúdo e ata pronto!
Ola rapaces e rapazas!
Hoxe vou a falar das actividades que fixemos para que os nenos/as logren unha mellor comprensión das culturas. Nesta actividade en concretoo obxectivo é que relacionen a cada cultura co mosaico que lle corresponda, neste mosaico aparecerá unha imaxe da vestimenta característica de cada cultura.
Os nenos/as terán un total de dous intentos para poder completar a actividade.
Se queres realizar esta actividade poderedes facelo premendo aqui.
A continuación tedes dúas capturas de pantalla para que teñades unha idea de cómo pode ser, esperamos que vos guste.
Un saúdo e ata a próxima!
domingo, 20 de marzo de 2016
Ola, que tal a semana?
Supoño que todo ben; a nosa un pouco liada xa que tivemos un exame de historia.
Aínda así tivemos tempo para realizar actividades novas para compartir convós.
Espero que vos gusten!
Por un lado temos o Cuestionario sobre os Mongoles resulta moi interesante á vez que informativo; e por outro Vocabulario unha actividade de relacionar termos propios dos Mongoles.
Xa que ven unha semaniña de vacacións espero que as probedes e que vos parezcan útiles.
Un bico! Ata a semana que ven!
Cuestionario cultura mongola Vocabulario de Mongolia
lunes, 14 de marzo de 2016
Ola, como vai iso?
Estou aquí para falarvos brevemente sobre o galego e a situación na que se atopa.
Hoxe en día valórase moito o feito de que unha persoa fale varias linguas.Actualmente na península conviven sete linguas cooficiais xunto a lingua oficial, o castelán.
En Galicia o galego consíderase a lingua minoritaria debido a que cada vez a xente emprega máis o castelán ben porque llo falaron dende pequenos ou simplemente porque se senten máis cómodos xa que a xente que os rodea o emprega.
Esta lingua queda relegada ao ámbito rural xa que tanto no urbano como na escola foi absorbido polo castelán.
En conclusión debemos valorar ter unha lingua propia e utilizala a miúdo tomando exemplo doutras comunidades autónomas como o País Vasco ou Cataluña.
domingo, 13 de marzo de 2016
Moi boas a todos e todas!
Estou aquí para decirvos qué clase de instrumentos posee a cultura africana.
Se queres descubrir cales son visitade este blog.
Para a semana falarei do noso proxecto, mellor dito, dunha parte moi divertida e curiosa así que estade atentos.
Ata pronto!
sábado, 12 de marzo de 2016
Actividades
Ola a todos e a todas!
Esta semana na clase de Novas Tecnoloxías comezamos a facer as nosas actividades para o proxecto, como ben sabedes vai ser unha revista dixital sobre a diversidade cultural na aula.
No noso caso escollimos dúas grandes culturas a africana e a asiática; e dentro delas outras tres; no caso de África seleccionamos a Mursi, Masai e os Surma; mentres que de Asia escollimos os Hindús, Tailandeses e Mongoles.Todas son moi diferentes entre si.
As primeiras actividades decidimos facelas en Educaplay, este é un portal para realizar actividades multimedia tales como adiviñas, dictados, sopas de letras, test, mapas, de relacionar entre outras.
A primera que fixemos foi un mapa para situar cada cultura no país no que se atopa; leva por nome Culturalízate. Pareceunos moi apropiada xa que cremos que se imos falar destas culturas no proxecto debemos saber de onde provén cada unha.
A segunda é un test de preguntas variadas sobre curiosidades das culturas africanas; cremos que é unha actividade que nos vai servir á hora de afianzar os coñecementos aprendidos sobre as diversas culturas que escollimos de África.
Asique xa sabedes se queredes animarvos a facer algunha das dúas actividades deixovos aquí os enlaces directos.
Espero que vos gusten.
Un saúdo
CULTURALÍZATE CULTURAS AFRICANAS
lunes, 7 de marzo de 2016
Ola mozos e mozas!
Hoxe estou aquí para falar da música asiática, xa que a metade do noso proxecto baséase nesta cultura.
Se tedes curiosidade por saber qué clase de instrumentos son os que existen en dita cultura podedes pinchar aqui para descubrilo.
Para a semana falremos dos instrumentos da cultura africana, polo que todos e todas deberedes de estar atentos.
Un saúdo e ata pronto!
domingo, 6 de marzo de 2016
EXPERIENCIAS PRÁCTICAS PARA A REVISTA DIXITAL
Boas tardes xentiña! Qué tal andades?
Hoxe estamos de novo desde culturalízate para comentarvos un
pouco sobre as ideas nas que pensamos para a realización do noso proxecto, e
unha pequeña explicación de cada unha delas. Se vos lembrades na entrada da
presentación falamos de que o noso traballo vai a consistir nunha revista
dixital e nela imos a tratar o tema da diversidade cultural.
Tendo en conta, pois, que imos traballar este ámbito da
diversidade, unha das ideas máis básicas que se nos ocurriron foi realizar un
mapa conceptual no que se inclúan textos, imaxes, vídeos, música, etc, de
cada unha das culturas que estudaremos, sendo estas a hindú, a mongola e a
tailandesa en Asia; e a mursi, a surma e a masai en África. Nestes mapas
explicaremos entre outras cousas de qué tratan, de onde son orixinarias (ampliando
un pouco o ámbito xeográfico) e algunhas curiosidades e costumes sobre elas. Para que os rapaces e rapazas aprendan a
localizalas pensamos nun xogo no que haxa que situalas nun mapamundi,
clasificándoas segundo sexan africanas ou asiáticas, polo seu nome e a través
de imaxes ou cancións populares. Ademais, para tratar estas culturas pensamos
noutras actividades e métodos como os que ides ver a continuación.
Consideramos que ademais dun xogo introductorio como o de antes,
tamén se poden realizar xogos tradicionais de cada cultura e polos en práctica
co alumnado. Estes poderían ser levados a cabo, por exemplo, con materiais como
libros electrónicos (co editor Edilim). De novo, outra actividade lúdica
podería ser que os nenos e as nenas tivesen que facer unha exercicio de
relacionar as vestimentas propias de cada cultura e para que as asociaran
poderíanse dar pequenas pistas propóndolles algunhas adiviñanzas.
Para ver con máis profundidade cada unha das culturas
concretas que se tratan desde Culturalízate tamén buscamos algunhas ideas
máis especificas para cada unha delas. Os nenos e nenas poderían realizar unha
actividade na que terían que asociar as caras pintadas de cores ás emocións, e
en cada imaxe aparecería unha breve explicación. Este sería un bó exemplo para
representar a cultura Surma. Por outra banda, en relación ca cultura Masai terían
que facer un vídeo en slow time ou slow motion relacionado ca acción de saltar,
xa que esto é un feito típico desta cultura africana. Para a tailandesa, poderían
crear os seus propios collares e a través de textos informativos aprenderían o
que representan as anelas que levan. Sobre esta cultura tamén atopamos un xogo chamado “Jam Jii”, que consiste en que 3 ou 4 xogadores e xogadoras poñen as mans sobre o chan. Un dos xogadores ou xogadoras empeza a cantar e os outros e outras moven os dedos mentres a música está sonando. En canto a persoa que están cantando deixe de facelo, os dedos deberán de moverse ao mesmo tempo. Se algunha das persoas que están xogando non deixa de movelos, o seu “castigo” sería encoller un dedo e seguir xogando ata que remate a partida. É algo parecido ao xogo que temos aquí coa música e as cadeiras. Unha forma de explicar o xogo, sería porlle ó noso alumnado algún vídeo deste xogo e se vemos que non atopamos ningún crear un nós mesmos, o cal se acompañaría de algunhas preguntas que demostrarían se os nenos/as entenderon o procedemento. Logo poríase en práctica na nosa aula para que a idea se asimilase de todo. E sobre a cultura mursi, terían que facer un
cuestionario para aprender curiosidades sobre esta tribu. Os Mursi son unha tribú proveñente de África cuxa característica máis salientable é lucir pratos nos beizos e nas orellas. Para que os nenos/as entenderán isto, a nosa idea era crear un Power Point no que explicamos o porqué desta tradición e logo en forma de cuestionario, “examinalos” para nós ver e que eles mesmos vexan se lles serviu e se o entenderon.
Desde Culturalízate despedímonos polo momento. Que pasedes
unha boa tarde!
Brainstorming
domingo, 28 de febrero de 2016
Moi boas noites mozos e mozas!
Vou a falar da importancia que ten a cultura, tanto nesta sociedade como nas anteriores.
Moitas veces fálase de cultura pero non sempre entendemos o amplio significado deste vocablo, polo que quero compartir con todos vos algo...
Preme aquí se queres saber.
Ata outra!
PRESENTACIÓN DE CULTURALÍZATE
Boas tardes internautas! Que tal andades?
Como xa sabedes levamos un tempiño escribindo entradas no
noso Blog, pero aínda non fixemos ningunha presentación, polo que o máis
probable é que non sepades nada sobre nós nin teñades moi claro por onde vai a
liña temática de Culturalízate. A
entrada de hoxe vai a consistir precisamente en explicarvos un pouco o tema que
eleximos para tratar e como nos gustaría facelo. Así que sen máis dilación,
imos aló!
Culturalízate é o nome que lle puxemos ó noso Blog, pero non
se queda unicamente ahí, senón que é algo máis amplo. O que tratamos de facer
desde o grupo Brainstorming, formado por tres mozas e un rapaz, é un
proxecto consistente nunha revista que
teña como tema fundamental a diversidade cultural. Pero a idea que temos en
mente é que esta revista, que sería dixital, esté dirixida especialmente ó
alumnado. Gustaríanos que os nenos e as nenas puidesen ter información sobre outras
culturas traballando con distintos métodos: poderían aprender a través de textos e
lecturas educativas sobre diferentes ámbitos (comida, música, tradicións
populares…); por medio de xogos variados, de investigacións e experimentos que
poderían realizar individualmente ou en grupo, debuxos… e a maiores, xa que
para nós tamén é redundante o tema das TIC, pensamos que se podería facer uso
dunha gran variedade de ferramentas, recursos e experiencias.
Como xa dixemos antes, o noso tema é a diverdidade cultural,
pero en lugar de tratar todas as culturas de forma aberta, decidimos que o
mellor era escoller un número exacto e traballar sobre elas. Despois de falalo
un tempo quedámonos con tres culturas de África e outras tres de Ásia. Probablemente esta semana fagamos outra entrada na que vos expliquemos un pouco de qué van estas culturas e algunhas curiosidades para que vos fagades unha idea. Polo momento realizamos unha pequena presentación en prezi para ir introducindo o Blog. Se queredes vela podedes premer aquí. E con isto xa nos despedimos por hoxe.
Desde Culturalízate desexamos que pasedes unha boa noite. Ata a próxima!
Brainstorming
Desde Culturalízate desexamos que pasedes unha boa noite. Ata a próxima!
Brainstorming
miércoles, 24 de febrero de 2016
Ola a todos e todas!
Esta semana estivemos facendo un póster cos recursos TIC que atopamos para o noso proxecto; como ben sabedes trátase dunha revista dixital que ten como tema a diversidade cultural na aula.
Espero que vos sirvan de axuda os recursos que vos proporcionamos e que vos guste!
Sen máis demora este é o resultado final do noso póster : Póster de recursos TIC
Esta semana estivemos facendo un póster cos recursos TIC que atopamos para o noso proxecto; como ben sabedes trátase dunha revista dixital que ten como tema a diversidade cultural na aula.
Espero que vos sirvan de axuda os recursos que vos proporcionamos e que vos guste!
Sen máis demora este é o resultado final do noso póster : Póster de recursos TIC
lunes, 22 de febrero de 2016
domingo, 21 de febrero de 2016
Ola de novo mozos e mozas!
Deixarei un enlace de cousas moi curiosas e que seguro que non sabiades!
Isto ten moito que ver co noso proxecto...
Pincha aquí para descubrir de que estou a falar
Un saúdo e ata mañán!
Moi boas noites mozos e mozas!
Antes de acostarme queríavos dicir cómo foi a miña búsqueda dos recursos TIC, os cales están a facer de soporte para a realización do noso proxecto.
Nun principio foi algo complicado, xa que non tiña moi claro nin qué recursos buscar, nin os que poderían ir ben para o noso proxecto.
Despois desta primera fase, o resto foi algo máis sinxelo debido a que internet é unha ferramenta fantástica para atopar todo o que ti quieras. Chegados a este punto so tiña que saber que é o que ía a buscar, xa que grazas a internet o atoparía en cuestión de segundos.
Neste punto cando todo parecía que todo estaba feito, chegou o máis difícil, xa que unha vez encontrado o recurso desexado vinme un pouco apurado para atopar toda información de dito recuso TIC.
A información que recibía das distintas páxinas web non era todo o que esperaba senón que en moitos casos non puña todo o que eu pretendía saber de dita páxina, e máis concretamente dos recusros TIC en cuestión.
Sacando estes pequenos detalles, a búsqueda en xeral resultou moi doada e a miña valoración a cerca dos recursos TIC foi positiva.
Se queredes botar unha ollada a alguns dos recursos Pincha aquí e Pincha aquí.
Un saúdo e ata mañán!
lunes, 15 de febrero de 2016
Ola a todos e todas!
Aquí podedes ver os recursos que teremos en conta para a realización do noso proxecto:
Pincha aquí
Pincha aquí
Un saúdo e ata pronto!
Aquí podedes ver os recursos que teremos en conta para a realización do noso proxecto:
Pincha aquí
Pincha aquí
Un saúdo e ata pronto!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





