Boas tardes xentiña! Qué tal andades?
Hoxe estamos de novo desde culturalízate para comentarvos un
pouco sobre as ideas nas que pensamos para a realización do noso proxecto, e
unha pequeña explicación de cada unha delas. Se vos lembrades na entrada da
presentación falamos de que o noso traballo vai a consistir nunha revista
dixital e nela imos a tratar o tema da diversidade cultural.
Tendo en conta, pois, que imos traballar este ámbito da
diversidade, unha das ideas máis básicas que se nos ocurriron foi realizar un
mapa conceptual no que se inclúan textos, imaxes, vídeos, música, etc, de
cada unha das culturas que estudaremos, sendo estas a hindú, a mongola e a
tailandesa en Asia; e a mursi, a surma e a masai en África. Nestes mapas
explicaremos entre outras cousas de qué tratan, de onde son orixinarias (ampliando
un pouco o ámbito xeográfico) e algunhas curiosidades e costumes sobre elas. Para que os rapaces e rapazas aprendan a
localizalas pensamos nun xogo no que haxa que situalas nun mapamundi,
clasificándoas segundo sexan africanas ou asiáticas, polo seu nome e a través
de imaxes ou cancións populares. Ademais, para tratar estas culturas pensamos
noutras actividades e métodos como os que ides ver a continuación.
Consideramos que ademais dun xogo introductorio como o de antes,
tamén se poden realizar xogos tradicionais de cada cultura e polos en práctica
co alumnado. Estes poderían ser levados a cabo, por exemplo, con materiais como
libros electrónicos (co editor Edilim). De novo, outra actividade lúdica
podería ser que os nenos e as nenas tivesen que facer unha exercicio de
relacionar as vestimentas propias de cada cultura e para que as asociaran
poderíanse dar pequenas pistas propóndolles algunhas adiviñanzas.
Para ver con máis profundidade cada unha das culturas
concretas que se tratan desde Culturalízate tamén buscamos algunhas ideas
máis especificas para cada unha delas. Os nenos e nenas poderían realizar unha
actividade na que terían que asociar as caras pintadas de cores ás emocións, e
en cada imaxe aparecería unha breve explicación. Este sería un bó exemplo para
representar a cultura Surma. Por outra banda, en relación ca cultura Masai terían
que facer un vídeo en slow time ou slow motion relacionado ca acción de saltar,
xa que esto é un feito típico desta cultura africana. Para a tailandesa, poderían
crear os seus propios collares e a través de textos informativos aprenderían o
que representan as anelas que levan. Sobre esta cultura tamén atopamos un xogo chamado “Jam Jii”, que consiste en que 3 ou 4 xogadores e xogadoras poñen as mans sobre o chan. Un dos xogadores ou xogadoras empeza a cantar e os outros e outras moven os dedos mentres a música está sonando. En canto a persoa que están cantando deixe de facelo, os dedos deberán de moverse ao mesmo tempo. Se algunha das persoas que están xogando non deixa de movelos, o seu “castigo” sería encoller un dedo e seguir xogando ata que remate a partida. É algo parecido ao xogo que temos aquí coa música e as cadeiras. Unha forma de explicar o xogo, sería porlle ó noso alumnado algún vídeo deste xogo e se vemos que non atopamos ningún crear un nós mesmos, o cal se acompañaría de algunhas preguntas que demostrarían se os nenos/as entenderon o procedemento. Logo poríase en práctica na nosa aula para que a idea se asimilase de todo. E sobre a cultura mursi, terían que facer un
cuestionario para aprender curiosidades sobre esta tribu. Os Mursi son unha tribú proveñente de África cuxa característica máis salientable é lucir pratos nos beizos e nas orellas. Para que os nenos/as entenderán isto, a nosa idea era crear un Power Point no que explicamos o porqué desta tradición e logo en forma de cuestionario, “examinalos” para nós ver e que eles mesmos vexan se lles serviu e se o entenderon.
Desde Culturalízate despedímonos polo momento. Que pasedes
unha boa tarde!
Brainstorming
No hay comentarios:
Publicar un comentario