PLAYLIST

jueves, 3 de marzo de 2016

FALANDO SOBRE ALGUNHAS FERRAMENTAS TIC

Bos días internautas! Que tal estades?

Na entrada de hoxe queríavos falar un pouco sobre algunhas ferramentas TIC variadas que penso que poden ser bastante útiles para o ámbito escolar por diversas razóns.

Por exemplo, Google Hangouts é unha aplicación ca que se pode constituir un grupo de chat ou videochat de até 10 persoas que permite enviar leccións online ó alumnado ou crear unha clase ou agrupación virtual de intercambio de opinión, polo que grazas a ela pódense recibir explicacións de materias de forma dixital. Continuando nesta liña de realizar tarefas a distancia tamén temos outro servicio de Google. Falo de Google Drive, un programa co que tendo unha conta de gmail nos permite realizar documentos e compartilos con outra xente, de forma que é ideal para traballar cando os e as integrantes dun grupo teñen dificultades para quedar e poder realizar as tarefas. Desde Culturalízate consideramos que é un bó mecanismo de traballo e no noso ámbito universitario dáselle bastante uso. Estes materiais non están pensados específicamente para o alumnado máis xoven, aínda que considero que lles poderían axudar a introducilos no ámbito virtual para que vaian aprendendo a empregar os ordenadores e Internet, xa que máis adiante terán que facer traballos e probablemente faran uso de mecanismos deste estilo.

Por tanto, pensando máis nos rapaces e nas rapazas de Educación Primaria temos outras ferramentas TIC para que poidan aprender dunha forma un tanto máis divertida, e nalgúns casos incluso realista. Neste caso pensei en investigar sobre o ámbito das ciencias, do que podemos obter algúns utensilios como os que vou comentar agora.

Stellarium é un planetario virtual descargable para todos os sistemas operativos que amosa o ceo en 3D, por tanto é ideal á hora de dar temas relacionados cos planetas, as constelacións...a astronomía en xeral. Co simulador Anatronica (en inglés) pódese facilitar a ensinanza da anatomía humana, xa que permite interactuar e visualizar o esqueleto, os aparellos e sistemas, e os órganos. DinoScience é unha aplicación móvil dispoñible para Android e iOS que lle permite ós nenos e ás nenas coñecer dunha maneira lúdica e interactiva o mundo dos dinosaurios, obter información publicada pola propia comunidade e incluso completar con fotografías xeolocalizadas o atlas de xacementos. O Proxecto Noah, tamén en inglés, da a posibilidade de observar a flora e a fauna de todo o mundo, e igualemente permite realizar os seus propios rexistros. Outras posibilidades TIC relacionadas ca aprendizaxe dos animais e as plantas son Discover Life e Online Plant Guide, que son básicamente guías de identificación das distintas especies e das súas características e que permiten igualmente recopilar información e imaxes para ampliar un pouco máis sobre o tema.

E así podemos dar por finalizada esta reflexión sobre ferramentas. Espero que pasedes un bó día!


Eva M Gayoso

No hay comentarios:

Publicar un comentario