Bueno amigos e amigas de Culturalízate, aquí está o noso esperado proxecto final.
Espero que vos guste a todos e a todas!
Un saúdo, ata pronto! :) :)
Este é un blog que se centra no proxecto dunha revista dixital; leva por tema a diversidade cultural na aula. Neste caso centrarémonos na diversidade dalgunhas das culturas africanas e asiáticas.
PLAYLIST
Mostrando entradas con la etiqueta Raquel F.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Raquel F.. Mostrar todas las entradas
domingo, 1 de mayo de 2016
miércoles, 27 de abril de 2016
INFORME NOVAS TECNOLOXÍAS
Boas tardes!
Hoxe traémosvos o informe do noso proxecto, no que estivemos traballando estes días. Consta dunha xustificación sobre a elección do medio (unha revista dixital), e de porqué escollemos o tema da diversidade. Despois, facemos referencia ó contexto, no que explicamos o centro no que se levaría a cabo o traballo. A continuación ven o contexto curricular, no que poderedes ver os obxectivos, as competencias e o área a tratar; as actividades, que coñecedes porque xa foron publicadas no blog e finalmente unha conclusión e a bibliografía. Para ver o noso informe clicade aquí.
Tamén fixemos unha webquest, unha actividade na que se realizan exercicios a partir dun proceso guiado. Se pinchades aquí podedes vela. Esperamos que vos guste e xa nos vemos pronto!
Tamén fixemos unha webquest, unha actividade na que se realizan exercicios a partir dun proceso guiado. Se pinchades aquí podedes vela. Esperamos que vos guste e xa nos vemos pronto!
Culturalízate
martes, 26 de abril de 2016
Ola,ola a todos e todas!
Aquí vos deixo a nosa última actividade para o proxecto, neste caso é un multimedia e escollimos facer un slow motion.
Nel represéntase un salto como o que fan os masai para medir a súa forza.
Asique xa sabedes se vos animades comprobade canta forza podedes ter a través dun salto.
un saúdo! :)

lunes, 18 de abril de 2016
Moi bos días!
Hoxe imos falar do noso proxecto máis en profundidade, xa que tocaremos partes importantes do mesmo, como a contextualización e a temporalización.
Ben, dito o anterior comezaremos falando do contexto, é dicir, o noso proxecto nace para concienciar as mentes do mañá da importancia da diversidade. Este termo é moi amplo e difícil de definir, nel queremos incluir unha serie de valores que queremos inculcar con dito proxecto.
Vamos traballar cos nenos e nenas de primaria dende 1º ata 6º, serán nenos/as comprendidos/as nas idades de 6 a 11 anos, decidimos traballar con ditas idades por moitos motivos, aquí presentamos algúns deles:
- Pola sensibilidade que chegamos a desenvolver hacia os demais.
- Pola facilidade para inculcar certos valores, xa que canto máis maiores nos facemos máis prexuízos temos.
- O proxecto será moito máis dinámico nestas idades que en idades máis tardías, en parte polas ganas e a motivación que poden aportar nenos/as de 6 a 11 anos.
A duración será de 3 meses, é dicir un trimestre do ano escolar. Cremos que un trimestre é o tempo ideal porque nesta franxa temporal os nenos/as poderán asimilar o concepto de diversidade sen que se faga moi aburrido e demasiado recorrente.
Esperamos que vos guste o noso proxecto e que entendades o que realmente queremos conseguir con el, un mundo no que a diversidade signifique igualdade.
Un saúdo!
domingo, 17 de abril de 2016
lunes, 4 de abril de 2016
Ola!
Deixovos a miña segunda actividade.
Esta vez é un mapa conceptual que vos vai ser útil para resolver algunhas das actividades dos meus compañeiros.
Espero que non resulte moi monótono e que con el poidades saber un pouquiño máis doutras culturas.
Un saudiño!!

![]() |
| Mapa Conceptual |
Un saudiño!!
Boas tardes a todo o mundo! Como vai iso?
Esta semana estiven traballando co programa edilim co cal se poden realizar diversas actividades como xogos de parellas, sopas de letras, encrucillados, libros interactivos etc.
Resulta bastante sinxelo de manexar o malo é que da algún problemiña á hora de gardar o traballo.
Sen máis, preséntovos a miña nova actividade para o proxecto trátase dun xogo de parellas onde se mostran seis parellas das seis culturas ás que adicamos o noso traballo.
Espero que a empreguedes. Ata pronto! :)

Ola de novo!
Esta vez traio un xogo feito pola "Obra Social La Caixa".
Con este xogo preténdese promover o respeto, a tolerancia e o coñecemento da diversidade cultural.
Este xogo dívidese en 9 mini xogos repartidos en tres clases diferenciadas: Comunicación, arte e costumes e por último tradicións.
Como complemento a este xogo propóñenos unha gincana coa que se afianzan os coñecementos adquiridos cos xogos.
Se queredes probar tanto o xogo como a gincana premede nos seguintes enlaces.
- El juego del mercado diverso
- Gincana da diversidade
Un Saúdo !!!!!

domingo, 20 de marzo de 2016
Ola,ola!
Pois aí vai a miña aportación semanal.
Esta vez traio unha páxina na que se mostran 50 cortos para educar en valores aos nenos e ás nenas.
Son aptos para primaria para usar na aula.
Deixovos aquí o enlace para que visitedes algún que vos chame a atención. preme aquí
Un bico. Deica pronto!
Pd.: Adxúntovos unha foto con algún dos cortos e coa súa descripción.
Ola, que tal a semana?
Supoño que todo ben; a nosa un pouco liada xa que tivemos un exame de historia.
Aínda así tivemos tempo para realizar actividades novas para compartir convós.
Espero que vos gusten!
Por un lado temos o Cuestionario sobre os Mongoles resulta moi interesante á vez que informativo; e por outro Vocabulario unha actividade de relacionar termos propios dos Mongoles.
Xa que ven unha semaniña de vacacións espero que as probedes e que vos parezcan útiles.
Un bico! Ata a semana que ven!
Cuestionario cultura mongola Vocabulario de Mongolia
lunes, 14 de marzo de 2016
Ola, como vai iso?
Estou aquí para falarvos brevemente sobre o galego e a situación na que se atopa.
Hoxe en día valórase moito o feito de que unha persoa fale varias linguas.Actualmente na península conviven sete linguas cooficiais xunto a lingua oficial, o castelán.
En Galicia o galego consíderase a lingua minoritaria debido a que cada vez a xente emprega máis o castelán ben porque llo falaron dende pequenos ou simplemente porque se senten máis cómodos xa que a xente que os rodea o emprega.
Esta lingua queda relegada ao ámbito rural xa que tanto no urbano como na escola foi absorbido polo castelán.
En conclusión debemos valorar ter unha lingua propia e utilizala a miúdo tomando exemplo doutras comunidades autónomas como o País Vasco ou Cataluña.
sábado, 12 de marzo de 2016
Actividades
Ola a todos e a todas!
Esta semana na clase de Novas Tecnoloxías comezamos a facer as nosas actividades para o proxecto, como ben sabedes vai ser unha revista dixital sobre a diversidade cultural na aula.
No noso caso escollimos dúas grandes culturas a africana e a asiática; e dentro delas outras tres; no caso de África seleccionamos a Mursi, Masai e os Surma; mentres que de Asia escollimos os Hindús, Tailandeses e Mongoles.Todas son moi diferentes entre si.
As primeiras actividades decidimos facelas en Educaplay, este é un portal para realizar actividades multimedia tales como adiviñas, dictados, sopas de letras, test, mapas, de relacionar entre outras.
A primera que fixemos foi un mapa para situar cada cultura no país no que se atopa; leva por nome Culturalízate. Pareceunos moi apropiada xa que cremos que se imos falar destas culturas no proxecto debemos saber de onde provén cada unha.
A segunda é un test de preguntas variadas sobre curiosidades das culturas africanas; cremos que é unha actividade que nos vai servir á hora de afianzar os coñecementos aprendidos sobre as diversas culturas que escollimos de África.
Asique xa sabedes se queredes animarvos a facer algunha das dúas actividades deixovos aquí os enlaces directos.
Espero que vos gusten.
Un saúdo
CULTURALÍZATE CULTURAS AFRICANAS
jueves, 10 de marzo de 2016
Ola a todo o mundo. Como vai a semana?
Hoxe estou aquí para volver falarvos un pouco de ferramentas TIC que ata o momento descoñecía e que coido que nos poden ser útiles en moitas ocasións.
A primeira de todas chámase Edmodo; é parecida a unha rede social, bueno, a súa función é a mesma pero ten maior privacidade e seguridade. O seu obxectivo é ser unha ferramenta útil na que os alumnos esten comunicados co tutor e na cal se poidan compartir exames, documentos ou calquera outra información que se precise. Adxúntovos aquí un vídeo no que se explica perfectamente o que é. Que é Edmodo?
Outra ferramenta moi útil é Evernote que nos axuda a recordar e a gardar toda a información que precisemos; é moi fácil de usar e moi útil. Se queredes saber todo sobre Evernote pinchade aquí
E xa para rematar a última ferramenta esta vez adicada a editar fotos, crear collages... Moi sinxela de utilizar e os resultados obtidos son realmente xeniais e sobre todo o bo dela é que non hai que descargar ningún tipo de software. O seu nome é PicMonckey, poddes acceder a ela dende o enlace; espero que vos resulte útil e que sexa o sustituto ao Picassa. enlace picmonkey

Un saúdo, e ata a semana que ven!
domingo, 6 de marzo de 2016
EXPERIENCIAS PRÁCTICAS PARA A REVISTA DIXITAL
Boas tardes xentiña! Qué tal andades?
Hoxe estamos de novo desde culturalízate para comentarvos un
pouco sobre as ideas nas que pensamos para a realización do noso proxecto, e
unha pequeña explicación de cada unha delas. Se vos lembrades na entrada da
presentación falamos de que o noso traballo vai a consistir nunha revista
dixital e nela imos a tratar o tema da diversidade cultural.
Tendo en conta, pois, que imos traballar este ámbito da
diversidade, unha das ideas máis básicas que se nos ocurriron foi realizar un
mapa conceptual no que se inclúan textos, imaxes, vídeos, música, etc, de
cada unha das culturas que estudaremos, sendo estas a hindú, a mongola e a
tailandesa en Asia; e a mursi, a surma e a masai en África. Nestes mapas
explicaremos entre outras cousas de qué tratan, de onde son orixinarias (ampliando
un pouco o ámbito xeográfico) e algunhas curiosidades e costumes sobre elas. Para que os rapaces e rapazas aprendan a
localizalas pensamos nun xogo no que haxa que situalas nun mapamundi,
clasificándoas segundo sexan africanas ou asiáticas, polo seu nome e a través
de imaxes ou cancións populares. Ademais, para tratar estas culturas pensamos
noutras actividades e métodos como os que ides ver a continuación.
Consideramos que ademais dun xogo introductorio como o de antes,
tamén se poden realizar xogos tradicionais de cada cultura e polos en práctica
co alumnado. Estes poderían ser levados a cabo, por exemplo, con materiais como
libros electrónicos (co editor Edilim). De novo, outra actividade lúdica
podería ser que os nenos e as nenas tivesen que facer unha exercicio de
relacionar as vestimentas propias de cada cultura e para que as asociaran
poderíanse dar pequenas pistas propóndolles algunhas adiviñanzas.
Para ver con máis profundidade cada unha das culturas
concretas que se tratan desde Culturalízate tamén buscamos algunhas ideas
máis especificas para cada unha delas. Os nenos e nenas poderían realizar unha
actividade na que terían que asociar as caras pintadas de cores ás emocións, e
en cada imaxe aparecería unha breve explicación. Este sería un bó exemplo para
representar a cultura Surma. Por outra banda, en relación ca cultura Masai terían
que facer un vídeo en slow time ou slow motion relacionado ca acción de saltar,
xa que esto é un feito típico desta cultura africana. Para a tailandesa, poderían
crear os seus propios collares e a través de textos informativos aprenderían o
que representan as anelas que levan. Sobre esta cultura tamén atopamos un xogo chamado “Jam Jii”, que consiste en que 3 ou 4 xogadores e xogadoras poñen as mans sobre o chan. Un dos xogadores ou xogadoras empeza a cantar e os outros e outras moven os dedos mentres a música está sonando. En canto a persoa que están cantando deixe de facelo, os dedos deberán de moverse ao mesmo tempo. Se algunha das persoas que están xogando non deixa de movelos, o seu “castigo” sería encoller un dedo e seguir xogando ata que remate a partida. É algo parecido ao xogo que temos aquí coa música e as cadeiras. Unha forma de explicar o xogo, sería porlle ó noso alumnado algún vídeo deste xogo e se vemos que non atopamos ningún crear un nós mesmos, o cal se acompañaría de algunhas preguntas que demostrarían se os nenos/as entenderon o procedemento. Logo poríase en práctica na nosa aula para que a idea se asimilase de todo. E sobre a cultura mursi, terían que facer un
cuestionario para aprender curiosidades sobre esta tribu. Os Mursi son unha tribú proveñente de África cuxa característica máis salientable é lucir pratos nos beizos e nas orellas. Para que os nenos/as entenderán isto, a nosa idea era crear un Power Point no que explicamos o porqué desta tradición e logo en forma de cuestionario, “examinalos” para nós ver e que eles mesmos vexan se lles serviu e se o entenderon.
Desde Culturalízate despedímonos polo momento. Que pasedes
unha boa tarde!
Brainstorming
viernes, 4 de marzo de 2016
Boas tardes! Como vai todo?
Esta semana a miña reflexión estará adicada ás ferramentas TIC; pero coido que en primeiro lugar nos debemos preguntar que son as TIC?
Para resolver esta pregunta deixovos o enlace dun vídeo onde se explica perfectamente que son.
As TIC .
Logo de velo e despois de pensar durante uns instantes decatarédevos de que estamos rodeados de TIC por todos os lados;aplicacións para o móbil, para o ordenador, para as tablets...
Unha das primeiras ferramentas das que vou falar é como non o noso buscador Google; quen non o coñece? É unha das ferramentas máis comúns usadas por todo o mundo e dentro desta podemos atopar outras diversas como Blogger, para crear blogs, Google Maps que como o seu nome indica móstranos mapas dos lugares que indiquemos, Google Earth que é un simulador da Terra, Google drive para compartir información, modificar documentos en liña, almacenalos..., e outra que atopei e que pode ser útil é Google Keep que serve para crear notas multimedia.
Outra ferramenta útil para cando sexamos mestres e mestras é a de Plagiarisma que para quen non a coñecían como o seu nome ben indica serve para detectar cando un texto é plaxiado de internet.
Unha ferramenta novidosa que descubrin con esta asignatura foi a wiki; ata agora non sabía o que era; pois ben, unha wiki é un sitio web que nos permite acceder e participar, crear ou editar contidos sen ter ningunha ferramenta técnica.
Deixovos esta imaxe onde se mostra un exemplo dunha wiki.
Un saúdo, ata a próxima!
domingo, 28 de febrero de 2016
PRESENTACIÓN DE CULTURALÍZATE
Boas tardes internautas! Que tal andades?
Como xa sabedes levamos un tempiño escribindo entradas no
noso Blog, pero aínda non fixemos ningunha presentación, polo que o máis
probable é que non sepades nada sobre nós nin teñades moi claro por onde vai a
liña temática de Culturalízate. A
entrada de hoxe vai a consistir precisamente en explicarvos un pouco o tema que
eleximos para tratar e como nos gustaría facelo. Así que sen máis dilación,
imos aló!
Culturalízate é o nome que lle puxemos ó noso Blog, pero non
se queda unicamente ahí, senón que é algo máis amplo. O que tratamos de facer
desde o grupo Brainstorming, formado por tres mozas e un rapaz, é un
proxecto consistente nunha revista que
teña como tema fundamental a diversidade cultural. Pero a idea que temos en
mente é que esta revista, que sería dixital, esté dirixida especialmente ó
alumnado. Gustaríanos que os nenos e as nenas puidesen ter información sobre outras
culturas traballando con distintos métodos: poderían aprender a través de textos e
lecturas educativas sobre diferentes ámbitos (comida, música, tradicións
populares…); por medio de xogos variados, de investigacións e experimentos que
poderían realizar individualmente ou en grupo, debuxos… e a maiores, xa que
para nós tamén é redundante o tema das TIC, pensamos que se podería facer uso
dunha gran variedade de ferramentas, recursos e experiencias.
Como xa dixemos antes, o noso tema é a diverdidade cultural,
pero en lugar de tratar todas as culturas de forma aberta, decidimos que o
mellor era escoller un número exacto e traballar sobre elas. Despois de falalo
un tempo quedámonos con tres culturas de África e outras tres de Ásia. Probablemente esta semana fagamos outra entrada na que vos expliquemos un pouco de qué van estas culturas e algunhas curiosidades para que vos fagades unha idea. Polo momento realizamos unha pequena presentación en prezi para ir introducindo o Blog. Se queredes vela podedes premer aquí. E con isto xa nos despedimos por hoxe.
Desde Culturalízate desexamos que pasedes unha boa noite. Ata a próxima!
Brainstorming
Desde Culturalízate desexamos que pasedes unha boa noite. Ata a próxima!
Brainstorming
sábado, 27 de febrero de 2016
Ola de novo!
Esta semana traiovos unha páxina que para min resulta moi interesante.
Creo que a todos os nenos e as nenas se lles debería fomentar o gusto pola lectura teñan a idade que teñan e por iso esta páxina pode ser moi útil El Tinglado , como ben pon no enlace chámase El Tinglado e nela atópanse diferentes contos ou historias para nenos/as de entre 3 e 8 anos. É unha páxina moi completa xa que a historia pode ser ou ben lida ou ven escoitada ou ambalas dúas á vez; e , ademáis diso conta cunhas actividades posteriores moi sinxelas para facer un breve resumo e para saber do que nos lembramos da lectura.
Por outra banda, outra páxina interesane que tamén promove a lectura e esta vez a escritura tamén é Caja de las palabras mágicas. Esta ensínanos as pautas dende a máis básica á máis complexa para escribir un conto ou unha historia. Tamén poderás atopar nela xogos, revistas, feiras de libros... un sen fin de acividades.Deixovos o enlace para que a visitedes : Cajadelaspalabrasmágicas .
Ambalas dúas propostas son moi sinxelas de empregar e aptas para todos os nenos e nenas de primaria principalmente.
Sen máis debemos fomentar a lectura nos nenos xa que:
Un saúdo e ata pronto!

miércoles, 24 de febrero de 2016
Ola a todos e todas!
Esta semana estivemos facendo un póster cos recursos TIC que atopamos para o noso proxecto; como ben sabedes trátase dunha revista dixital que ten como tema a diversidade cultural na aula.
Espero que vos sirvan de axuda os recursos que vos proporcionamos e que vos guste!
Sen máis demora este é o resultado final do noso póster : Póster de recursos TIC

Suscribirse a:
Entradas (Atom)