PLAYLIST

lunes, 18 de abril de 2016

Moi bos días!

Hoxe imos falar do noso proxecto máis en profundidade, xa que tocaremos partes importantes do mesmo, como a contextualización e a temporalización.

Ben, dito o anterior comezaremos falando do contexto, é dicir, o noso proxecto nace para concienciar as mentes do mañá da importancia da diversidade. Este termo é moi amplo e difícil de definir, nel queremos incluir unha serie de valores que queremos inculcar con dito proxecto.

Vamos traballar cos nenos e nenas de primaria dende 1º ata 6º, serán nenos/as comprendidos/as nas idades de 6 a 11 anos, decidimos traballar con ditas idades por moitos motivos, aquí presentamos algúns deles:

  • Pola sensibilidade que chegamos a desenvolver hacia os demais.
  • Pola facilidade para inculcar certos valores, xa que canto máis maiores nos facemos máis prexuízos temos.
  • O proxecto será moito máis dinámico nestas idades que en idades máis tardías, en parte polas ganas e a motivación que poden aportar nenos/as de 6 a 11 anos.

A duración será de 3 meses, é dicir un trimestre do ano escolar. Cremos que un trimestre é o tempo ideal porque nesta franxa temporal os nenos/as poderán asimilar o concepto de diversidade sen que se faga moi aburrido e demasiado recorrente.

Esperamos que vos guste o noso proxecto e que entendades o que realmente queremos conseguir con el, un mundo no que a diversidade signifique igualdade.

Un saúdo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario