PLAYLIST

sábado, 16 de abril de 2016

TIC PARA AS NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

Moi boas! Como vai esa mañá internautas?

Onte estiven revisando as miñas entradas que fun publicando no Blog e reparei en que nunha das primeiras que publiquei vos comentei algo sobre unos recursos adicados a nenos e nenas, que por un lado son superdotados e superdotadas, sendo por  tanto alumnado con altas capacidades,e, por outro, que teñen algunha discapacidade ou dificulltade de aprendizaxe. Pois ben, hoxe gustaríame tratar a importancia que teñen estes recursos e ferramentas para o alumnado que ten problemas. Tamén me fixei en que non teño prácticamente ningunha reflezión teórica así que a entrada de hoxe vai a consistir neso.  Seguide lendo ,que a continuación vos vou a falar, como dixen antes, sobre as TIC e as Necesidades Educativas Especiais.

Para comezar, é necesario saber a qué nos referimos cando falamos de Necesidades Educativas Especiais, porque se non o temos claro, tampouco saberemos a quen poden ir dirixidas estas tecnoloxías.  O alumnado con NEE é aquel que precisa, durante un período da súa escolarización, ou ben durante toda a súa vida, determinados apoios e atención educativas específicas derivadas da discapacidade ou trastornos graves de conducta. As características das TIC que poderían ir dirixidas ós nenos e nenas que se inclúen dentro deste ámbito están baseadas nun conxunto de servizos, redes, dispositivos e outros; e pretenden, básicamente servir como axuda e mellorar a vida desta xente.

Dentro deste tipo de TIC podemos distinguir as tecnoloxías que traten de facilitar o acceso ó aula, as fontes de información e os ordenadores; e por outra parte as tecnoloxías que se poden empregar para traballar as NEE. Así, destro destas necesidades poderemos procurar e atopar tecnoloxías para discapacidades físicas, psíquicas, auditivas, visuais e para os trastornos do desenvolvemento.

Para despedirme tamén vos deixo un enlace no que poderedes botarlle un vistazo a unha ampla variedade de opción de recursos, ferramentas, blogs, guías e proxectos para axudar ó alumnado que ten algún tipo de dificultade, trastorno ou discapacidade e ampliar un pouco máis o que vos expliquei nesta reflexión. Se queredes ver de qué vos falo pinchade aquí.


Un saúdo e ata pronto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario