Boas
tardes internautas! Que hai de novo polas vosas vidas? Eu ando un pouco
estresada cos traballos e os exames de clase e case non teño tempo para nada, e
tamén espero que vos estedeades ben.
Pois
hoxe estou de novo para facer outra reflexión teórica porque teño pouquiñas e
quero ter algo de variedade nas entradas. Estiven pensando que xa vos falei varias veces
da atención á diversidade, pero nunca me parei a explicarvos en qué consiste e
a quén se inclúe. Pois ben, a diversidade cultural refírese ó conxunto de
accións educativas que nun sentido amplo tratan de previr e dar resposta ás
necesidades de todo o alumnado do centro e, entre eles, á parte que precisa
unha actuación específica derivada de factores persoais ou sociais relacionados
con situacións de desvantaxe sociocultural, de altas capacidades, de
comprensión lingüística, comunicación e da linguaxe ou discapacidade física,
psíquica, sensorial ou con trastornos
graves da comunicación e da linguaxe. Por tanto, ca diversidad trátase de
garantizar o desenvolvemento de todos os alumnos e todasas alumnas á vez que
reciben atención en función das necesidades que teñan.
Algúns consellos para
fomentar a diversidade, débese ampliar o acceso ás Tecnoloxías da Información e
Comunicación para mellorar os aprendizaxes e reducir a brecha dixital; impulsar
medidas cas que lograr un clima escolar favorable que propicie a integración, o
respeto mutuo e a solución de conflictos a través do diálogo entre os distintos
actores e actrices da comunidade educativa; tamén é importante proporcionarle ó
profesorado apoio interdisciplinario para que sexan capaces de identificar
adecuadamente as dificultades de aprendizaxe; promover mecanismos de
concertación entre distintos secotrs do gobernó e da sociedade civil para o
debate e monitoreo das políticas educativas e para enfrontar as causas que
xeran desigualdade dentro e fora dos sistemas educativos, proporcionando
recursos para que o estudantado en situación de alto riesgo de exclusión
educativa ou social podan, en igualdade de condicións, aproveitar as
oportunidades educativas; adoptar unhas medidas educativas para atender a
diversidade, tales como a educación intercultural, educación como enfoque de
xénero, diversificación da oferta educativa, adaptación do currículo, elaboración
de textos ou imaxes que non conteñan estereotipos, extensión da xornada
escolar, calendarios flexibles… e deseñar acción específicas para asegurar o
dereito a unha educación de calidade en igualdade de condicións.
Por suposto é necesario promover unha educación
intercultural e bilingüe para todos os niveis educativos, priorizar a mellora
da calidade das escolas rurais e crear redes, e ampliar o acceso e a mellora da
calidade da educación para aqueles alumnos e alumnas que teñan Necesidades Educativas
Especiais, fortalecendo os procesos de escolas inclusivas e transformando
progresivamente os centros de educación especial en centros que conten con recursos
para a comunidade e o resto do sistema educativo.
Con isto xa me despido de vos, espero que
pasedes unha boa semana e vémonos a próxima. Un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario