PLAYLIST

domingo, 28 de febrero de 2016

PRESENTACIÓN DE CULTURALÍZATE

Boas tardes internautas! Que tal andades?

Como xa sabedes levamos un tempiño escribindo entradas no noso Blog, pero aínda non fixemos ningunha presentación, polo que o máis probable é que non sepades nada sobre nós nin teñades moi claro por onde vai a liña temática de Culturalízate. A entrada de hoxe vai a consistir precisamente en explicarvos un pouco o tema que eleximos para tratar e como nos gustaría facelo. Así que sen máis dilación, imos aló!

Culturalízate é o nome que lle puxemos ó noso Blog, pero non se queda unicamente ahí, senón que é algo máis amplo. O que tratamos de facer desde o grupo Brainstorming, formado por tres mozas e un rapaz, é un proxecto consistente nunha  revista que teña como tema fundamental a diversidade cultural. Pero a idea que temos en mente é que esta revista, que sería dixital, esté dirixida especialmente ó alumnado. Gustaríanos que os nenos e as nenas puidesen ter información sobre outras culturas traballando con distintos métodos:  poderían aprender a través de textos e lecturas educativas sobre diferentes ámbitos (comida, música, tradicións populares…); por medio de xogos variados, de investigacións e experimentos que poderían realizar individualmente ou en grupo, debuxos… e a maiores, xa que para nós tamén é redundante o tema das TIC, pensamos que se podería facer uso dunha gran variedade de ferramentas, recursos e experiencias.

Como xa dixemos antes, o noso tema é a diverdidade cultural, pero en lugar de tratar todas as culturas de forma aberta, decidimos que o mellor era escoller un número exacto e traballar sobre elas. Despois de falalo un tempo quedámonos con tres culturas de África e outras tres de Ásia. Probablemente esta semana fagamos outra entrada na que vos expliquemos un pouco de qué van estas culturas e algunhas curiosidades para que vos fagades unha idea. Polo momento realizamos unha pequena presentación en prezi para ir introducindo o Blog. Se queredes vela podedes premer aquí. E con isto xa nos despedimos por hoxe.

Desde Culturalízate desexamos que pasedes unha boa noite. Ata a próxima!

Brainstorming

No hay comentarios:

Publicar un comentario