Bos días!
O que ides ler a continuación é un comentario
sobre unha serie de páxinas web que analizamos
desde Culturalízate con BrainStorming.
Para iniciar este comentario, dicir que a páxina web Media Prensa do Ministerio de Educación é significativa xa que nela aparece explicada
de forma detallada a historia da prensa, algo que na miña opinión é relevante
tendo en conta que este é o noso ámbito de traballo. Nesta asignatura
centrámosnos basicamente nas revistas e xornais, pero Media Prensa tamén ten en conta outros medios, como a televisión, a
radio ou o cine.
Educacyl é unha
web da Xunta de Castela e León que tamén trata de relacionar o xénero
periodístico co ámbito educativo. Para mín non é tan sinxelo navegar por esta
páxina como por outras, tal vez polo seu deseño, pero cabe destacar que este
Portal de Educación ten unha gran variedade de xogos para aprender, e unha
sección chamada “Diveragentes”, que permite que os nenos e as nenas publiquen
comentarios na súa revista respondendo a, por exemplo, chistes ou refráns.
Xornais coñecidos como El
País ou La voz de Galicia,
ademais das súas edicións impresas e dixitais, tamén contan con sitios web
destinados á escola e á xuventude. Grazas á primeira web, El país de los estudiantes, podemos atopar numerosos recursos, guiarnos a través dos
consellos que aquí se ofrecen e participar cas nosas propias aportacións; o
diario incluso obsequia con premios e incentivos o traballo e o esforzo do
estudiantado e o profesorado. Programa Prensa-Escuela, unha sección dixital
de La voz de Galicia, dispón
igualmente de actividades para que o alumnado aprenda por medio da prensa,
conta con recursos que facilitan ós profesores, ás profesoras, ás nais e ós
pais a tarefa de educar, e da a posibilidade
de participar en concursos, cursos de formación, xogos…
No relativo ó tema da revista hai alguhas páxinas asignadas
exclusivamente a este medio. O que máis me gusta de Educación 3.0 é que conta cunha gran variedade de recursos tanto
para a educación infantil, a primaria, a secundaria, a superior e as familias, ademais
de que estes son adecuados para os destinatarios e as destinatarias en relación
ca súa idade e as temáticas que tratan. Comunicar é unha revista cuxas aportacións (bilingües, en inglés e español) son estudos e
investigación que teñen como fin unir a educación e a comunicación. Parecida a
esta última é Pixelbit, unha
publicación que trata de ser un canal para intercambiar información entre
persoas de distintos países e comunidades a través dun proceso factible.
Para concluir este comentario quero dicir que, desde a miña
perspectiva, as mellores webs son Eduteka e Letterpop. A primeira ten unha
sección de recursos na que se pode acceder a aplicacións, ferramentas,
servizos, programas, étc, que poden ser de utilidade. E Letterpop, estando en inglés, permítenos escribir cartas,
redaccións, presentación ou boletíns electrónicos, publicalos, e posteriormente
compartilos e dalos a coñecer.
Despídome desexando que o meu comentario vos poida axudar un
pouco a aqueles e aquelas que esteades interesados e interesadas no tema e
agradecervos que vos pasedes polo noso Blog.
Un saúdo,
Eva M. Gayoso
No hay comentarios:
Publicar un comentario