Bos días xentiña!
Estes últimos días a tarefa de
Novas Tecnoloxías consistía en buscar dous recursos TIC que tiveran que ver co noso tema, é dicir, ca atención á diversidade. Posteriormente realizaremos un póster dixital no que explicaremos un pouco en que consisten e os usos que se lles poderían dar. O asunto da reflexión de hoxe consiste en dar unha opinión sobre as nosas procuras, pero no sentido da facilidade
ou da dificultade que tivemos para atopar tales recursos TIC. Desde o meu punto
de vista dar con estes estes recursos non foi tan doado por algúns motivos que vou a comentar a continuación.
O maior impedimento co que me
topei foi o feito de que moitos dos recursos que atopaba non me convencían porque
dunha forma ou de outra non me servían
para o que necesitaba.
Alguhas destas limitacións foron que os medios non estaban destinados á Educación Primaria, que non trataban o tema do noso traballo, que dentro do propio recurso non se incluían actividades suficientes… básicamente non eran a idea que eu tiña en mente. Como consecuencia disto, levoume máis tempo do que eu pensaba realizar a tarefa, aínda que con esto non quero dicir que tardase tanto até o punto de que foi demasiado complicado, nin moito menos. Simplemente antes de ver as posibilidades que había non pensaba que os materiais que ía ir atopando tiveran esas carencias e non me servisen.

Pero por outra parte, a pesar destas dificultades tamén considero que con algo de paciencia se poden atopar ferramentas e vías de grande utilidade. Se en
lugar de quedarnos co primeiro que atopamos realizamos unha busca máis ampla
podemos chegar a descubrir materiais que nos poden ser de proveito; hai certos recursos que teñen moito valor educativo. Pola miña parte estou contenta cas opcións que fianalmente escollín e espero que vos gusten e teñan un resultado bó para o traballo.
Un saúdo
Eva M. Gayoso
Un saúdo
Eva M. Gayoso
No hay comentarios:
Publicar un comentario