Ola de novo!
Hoxe estou aquí para comentar como me foi a miña búsqueda de recursos para o noso proxecto que como ben sabedes, trátase dunha revista dixital.
Se son sincera, a búsqueda non me resultou para nada sinxela xa que ao principio non sabía moi ben que quería atopar. finalmente decidin buscar unha aplicación que me axudara a facer unha revista dixital xa que nunca antes fixen ningunha, e por outra parte, tamén quería ver algún exemplo no que participaran nenos.
No momento de buscar exemplos de revistas dixitais parecía sinxelo pero non o foi xa que a maioría dos que atopaba non eran ou ben do tema que precisaba ou non estaban feitas por nenos. Finalmente atopei un exemplo que me pareceu moi interesante xa que é moi visual e serviume para máis ou menos saber como quería que fose a nosa revista.
A busca da aplicación foi moito máis sinxela xa que existen bastates aplicacións relacionadas con estas actividades e logo de entrar en cada unha delas atopei unha que me resultou sinxela a parte de que me gustou o resultado que se obtiña ao realizala con ela.
En conclusión foi un pouco lioso buscar os recursos. Na miña opinión o problema máis grande era o tema que imos tratar.
Espero que vos sirvan de axuda os recursos que seleccionamos para o proxecto no caso de que teñades un igual ou parecido.
Sen máis, un saúdo e ata pronto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario