PLAYLIST

miércoles, 30 de marzo de 2016

Máis exemplos de experiencias prácticas

Boas noites! Como foi o día? Espero que fora estupendo!

Antes de deitarme gustaríame falarvos sobre algunhas experiencias prácticas. Despois de navigar un ratiño pola Rede estas que vos vou a comentar son as que me pareceron máis interesantes.

A primeira experiencia corresponde ó Cento Ibn Gabirol e ó Colexio Estrella Toledano (Madrid), sendo Silvana Yacubowsky e Pablo Gómez os encargados de levala a cabo. Neste caso preténdese que o alumnado utilice a programación para desenvolver unha serie de habilidades e competencias, tales como o pensamento crítico, a planificación, a reflexión ou a capacidade de tomar decisión. Ós alumnos e ás alumnas ensíñaselles o método de programar facendo uso de distintas plataformas, e desta forma conseguen crear os seus propios sistemas informáticos.

O proxecto Guillén do Colexio Minte, en Huesca, foi diseñado para manter o contacto emocional co alumno/ca alumna no caso de que pasase ou pase por un momento duro. Ó mesmo tempo, como se facía referencia a este tipo de educación mentres se impartían os contidos, conseguíuse que o alumnado se esforzase máis en aprendelos para posteriormente explicalos entre si. Este proxecto converteuse unha ferramenta de traballo competencial de gran valor, tanto formativo como emocional.

Para o último caso pensei na nosa terra, en Galicia. O proxecto Plasticoff do CEI Plurilingüe Antonio Palacios, en Pontevedra, baséase en tratar os procesos de reducción, reutilización e a reciclaxe das materias de plástico. Para elo, o alumnado os e as estudantes realizan diversas tarefas en grupo e se tratan distintas áreas curriculares, como a lingua, as ciencias ou as matemáticas, entre outras. A súa proxección pública e social faise a través dun blog que o propio alumnado edita e publica, e tamén nas redes sociais. Pinchando aquí podedes curiosear un pouco este blog se tedes interese. E con isto xa me despido.


Un saúdo e pasade unha boa noite!


EVA G.

Actividade dun cómic sobre a diversidade

Moi bos días! Como estades?

Esta semana estivemos traballando na clase sobre algunhas actividades para a revista dixital e gustaríme falarvos da que levei a cabo.


Como vos lembrades, neste blog e na clase estamos tratando o tema da diversidade cultural e en concreto nos baseamos en seis culturas  (tres de África  e tres de Ásia) como comentou o meu compañeiro na súa entrada anterior. Pois ben, eu pensei en facer algo diferente con oso tema e ocurríuseme crear unhas viñetas para un cómic, de forma que o alumnado deba reflexionar e dar a súa opinión sobre o feito de que as mulleres leven o velo. Se queredes ver o cómic podedes facelo se pinchades aquí. De todas formas deixovos unha captura para que teñades unha idea do que é:

                                   

Un saúdo e ata a proxima!


EVA G.

martes, 29 de marzo de 2016

Ola de novo!

Veño para falar dunha actividade ca que queremos aprendan qué tipo de clima é o que predomina nos lugares aos que pertencen as culturas que imos a tratar.

Por se non vos acordades das ditas imos facer un repaso.

As culturas que imos a tratar ao longo do noso proxecto son as seguintes: Mongola, Tailandesa, Hindú, Mursi, Surma e Masai.

Para divertirte preme aquí.

Espero que disfrutedes con esta actividade!

Un saúdo e ata pronto!




paisaje y cultura
Ola rapaces e rapazas!

Hoxe vou a falar das actividades que fixemos para que os nenos/as logren unha mellor comprensión das culturas. Nesta actividade en concretoo obxectivo é que relacionen a cada cultura co mosaico que lle corresponda, neste mosaico aparecerá unha imaxe da vestimenta característica de cada cultura.

Os nenos/as terán un total de dous intentos para poder completar a actividade.

Se queres realizar esta actividade poderedes facelo premendo aqui.

A continuación tedes dúas capturas de pantalla para que teñades unha idea de cómo pode ser, esperamos que vos guste.

Un saúdo e ata a próxima!






Vestimentas

lunes, 28 de marzo de 2016

Moi bos días a todos e todas!

Espero que vos encontredes ben e que o voso día esté indo de maravilla. Hoxe como cada semana, estou aquí cunha nova ferramenta TIC para por en práctica na aula cos nosos alumnos e alumnas. 

A páxina chámase Kubbu e é unha ferramenta ideal para crear as nosas propias actividades para que o noso alumnado poda desenvolvelas como práctica para clase ou para preparar un tema para o exame. Se queredes acceder a páxina, pinchade aquí. O único inconveniente que se lle pode encontrar a páxina e que só se ofrece en inglés e non hai opción para cambiar de idioma. 

Isto é todo por hoxe. Ata a semana que ven!!

Un saúdo,

Vicky Fernández

lunes, 21 de marzo de 2016

Ferramenta TIC para as dificultades de lectura en inglés

Ola xentiña! Como vai o voso día?

Estes días estiven reflexionando un pouco sobre as asignaturas en xeral, e pareime a pensar nos nenos e nenas que teñen problemas cos idiomas, sobre todo no inglés, xa que é básicamente a lingua estranxeira por natureza. Pareime a pensar que, do mesmo xeito que eles e/ou elas poden ter problemas nesa asignatura, a min sempre se me deron mal as matemáticas. Así que decidín buscar lgo que poda ser de axuda para solventar estas dificultades.

Hoxe vouvos falar , por tanto, dunha ferramenta que penso que podería resultar de utilidade para aqueles nenos e nenas que teñen problemas co inglés. Está pensada para o alumnado do primeiro ciclo, pero considero que canto antes se reciba axuda moito mellor, porque contar con apoios nas asignaturas ou non telos repercupirá no futuro do estudantado.

A ferramenta en cuestión está dirixida á aprendizaxe da lectura empregando a fonética das letras e os vocablos. Pode ser unha boa opción se temos en conta que, como dixen antes, se desde que somos pequenos e pequenas nos axudan con actividades, recursos, experiencias ou ferramentas como esta, probablemente nos permitirán progresar e máis adiante estaremos agradecidos e agradecidas en lugar de ter tantas carencias nas asignaturas. Se lle queredes botar un vistazo á ferramenta da que vos falaba podedes clicar aquí. Para rematar, aclararvos que contén catro apartados dentro dos cales se inclúen actividades variadas sobre o ámbito da lectura. Deixovos tamén unha imaxe para ter unha idea:



Un saúdo!
EVA G.

domingo, 20 de marzo de 2016

Ola,ola!

Pois aí vai a miña aportación semanal.

Esta vez traio unha páxina na que se mostran 50 cortos para educar en valores aos nenos e ás nenas. 

Son aptos para primaria para usar na aula.

Deixovos aquí o enlace para que visitedes algún que vos chame a atención. preme aquí

Un bico. Deica pronto!

Pd.: Adxúntovos unha foto con algún dos cortos e coa súa descripción.



Ola, que tal a semana? 

Supoño que todo ben; a nosa un pouco liada xa que tivemos un exame de historia.

Aínda así tivemos tempo para realizar actividades novas para compartir convós.

Espero que vos gusten! 

Por un lado temos o Cuestionario sobre os Mongoles resulta moi interesante á vez que informativo; e por outro Vocabulario unha actividade de relacionar termos propios dos Mongoles.

Xa que ven unha semaniña de vacacións espero que as probedes e que vos parezcan útiles.

Un bico! Ata a semana que ven!










Cuestionario cultura mongola Vocabulario de Mongolia

lunes, 14 de marzo de 2016

Ola, como vai iso?
Estou aquí para falarvos brevemente sobre o galego e a situación na que se atopa. 

Hoxe en día valórase moito o feito de que unha persoa fale varias linguas.Actualmente na península conviven sete linguas cooficiais xunto a lingua oficial, o castelán.

En Galicia o galego consíderase a lingua minoritaria debido a que cada vez a xente emprega máis o castelán ben porque llo falaron dende  pequenos ou simplemente porque se senten máis cómodos xa que a xente que os rodea o emprega. 

 Esta lingua queda relegada ao ámbito rural xa que tanto no urbano como na escola foi absorbido polo castelán.

En conclusión debemos valorar ter unha lingua propia e utilizala a miúdo tomando exemplo doutras comunidades autónomas como o País Vasco ou Cataluña.

Sen maís gustaríame que vos pararades a reflexionar nesta pregunta: O Galego é igual a vergonza?





domingo, 13 de marzo de 2016

Moi boas a todos e todas!

Estou aquí para decirvos qué clase de instrumentos posee a cultura africana.

Se queres descubrir cales son visitade este blog.

Para a semana falarei do noso proxecto, mellor dito, dunha parte moi divertida e curiosa así que estade atentos.

Ata pronto!

sábado, 12 de marzo de 2016

Actividades


Ola a todos e a todas!

Esta semana na clase de Novas Tecnoloxías comezamos a facer as nosas actividades para o proxecto, como ben sabedes vai ser unha revista dixital sobre a diversidade cultural na aula. 

No noso caso escollimos dúas grandes culturas a africana e a asiática; e dentro delas outras tres; no caso de África seleccionamos a Mursi, Masai e os Surma; mentres que de Asia escollimos os Hindús, Tailandeses e Mongoles.Todas son moi diferentes entre si.

As primeiras actividades decidimos facelas en Educaplay, este é un portal para realizar actividades multimedia tales como adiviñas, dictados, sopas de letras, test, mapas, de relacionar entre outras. 

A primera que fixemos foi un mapa para situar cada cultura no país no que se atopa; leva por nome Culturalízate. Pareceunos moi apropiada xa que cremos que se imos falar destas culturas no proxecto debemos saber de onde provén cada unha. 

A segunda é un test de preguntas variadas sobre curiosidades das culturas africanas; cremos que é unha actividade que nos vai servir á hora de afianzar os coñecementos aprendidos sobre as diversas culturas que escollimos de África.

Asique xa sabedes se queredes animarvos a facer algunha das dúas actividades deixovos aquí os enlaces directos.

Espero que vos gusten. 

Un saúdo







CULTURALÍZATE CULTURAS AFRICANAS
Moi bos días a todos e todas!

Hoxe estou aquí un día máis para falar sobre Ferramentas TIC cunha gran utilidade para por en práctica na nosa aula. Espero que a vós vos parezan tan interesantes coma a min.

A primeira delas é Educaplay. É unha páxina web na que podes atopar actividades creadas por outros mestres sobre diversos asignaturas e diversos temas. Tamén ti mesmo podes crear a túa propia actividade (ben sexa un cuestionario, un mapa conceptual, unha actividade de relacionar, étc.) A través destas actividades o alumnado pode afianzar os coñecementos ou a través de crear a súa propia actividade, pasarlla logos ao resto da clase, para que todos aprendan sobre un tema específico.

A seguinte é Tagxedo, a páxina ideal para crear unha nube de palabras. O único problema que lle atopamos a esta ferramenta é que está en inglés, así que igual non todo o mundo podería usala.

Por último, a última ferramenta que encontrei é Testeando. É unha páxina onde podes encontrar trivials para todos os cursos, tanto Primaria, ESO e Bacharelato , sobre as asignaturas que se consideran máis difíciles ou importantes para cada curso (no caso de primaria, por exemplo, inglés, ciencias sociais e naturais, matemáticas e relixión e lingua castelá). E dentro de cada asignaturas, encontras os temas que se darían en cada unha e dentro destes os propios test que terán que ser elaborados polos nosos alumnos e alumnas. Tamén se nos ofrece un apartado no que en vez de estar dividido por temas, está a asignatura completa. Esta ferramenta podería usarse tanto na aula, como unha primeira toma de contacto para, por exemplo, elaborar os coñecementos do noso alumnado, ou os nenos e nenas poderían usala na casa, para aprender a lección ou como previa preparación a un exame.

Isto é todo por esta semana. Espero que vos gusten as aportacións que se fan neste blog e que lle encontredes as mesmas utilidades que nós.

Un saúdo, e ata a próxima semana!


Vicky Fernández

jueves, 10 de marzo de 2016

Ola a todo o mundo. Como vai a semana?

Hoxe estou aquí para volver falarvos un pouco de ferramentas TIC que ata o momento descoñecía e que coido que nos poden ser útiles en moitas ocasións.

A primeira de todas chámase Edmodo; é parecida a unha rede social, bueno, a  súa función é a mesma pero ten maior privacidade e seguridade. O seu obxectivo é ser unha ferramenta útil na que os alumnos esten comunicados co tutor e na cal se poidan compartir exames, documentos ou calquera outra información que se precise. Adxúntovos aquí un vídeo no que se explica perfectamente o que é. Que é Edmodo?

Outra ferramenta moi útil é Evernote que nos axuda a recordar e a gardar toda a información que precisemos; é moi fácil de usar e moi útil. Se queredes saber todo sobre Evernote pinchade aquí

E xa para rematar a última ferramenta esta vez adicada a editar fotos, crear collages... Moi sinxela de utilizar e os resultados obtidos son realmente xeniais e sobre todo o bo dela é que non hai que descargar ningún tipo de software. O seu nome é PicMonckey, poddes acceder a ela dende o enlace; espero que vos resulte útil e que sexa o sustituto ao Picassa. enlace picmonkey


Un saúdo, e ata a semana que ven!

miércoles, 9 de marzo de 2016

Boas tardes a todos e todas! Que hai de novo?

Hoxe véñovos falar dunha curiosa experiencia práctica ca que xa me atopei en varias webs e que resulta bastante interesante e, na miña opinión, divertida para o alumnado, ademais de innovadora. Se queredes saber a qué me refiro explícovolo a continuación.

No centro concertado San Roque en Alcoy (Alicante) o alumnado de 6º de Primaria realizaron un proxecto relacionado ca ciencia que durou cinco semanas e que se baseou especialmente en contidos que tiñan que ver especialmente co ámbito da robótica, en lugar de limitarse ós experiementos de laboratorio de toda a vida. Grazas ó proxecto Fem Robots (que se traduce como “facemos robots”) estes nenos e nenas puideron entrar no asombroso mundo da robótica a partir de materias como por exemplo física, matemáticas, inglés ou informática. As sesión foron realizadas fora do recinto escolar e ca colaboración municipal dun experto e unha experta na materia, procedentes de Ágora Lab. Deixovos aquí o enlace da web do centro por se queredes coñecelo un pouco mellor.

En Educación 3.0 podemos atopar un artigo no que nos explica un pouco como podemos introducir ó alumnado de Educación Primaria na rama da robótica. Pinchando aquí podedes velo compreto e se o facedes tamén veredes que no colexio Antonio de Nebrija en Murcia levan a cabo obradoiros co alumnado de 4º de Primaria, e no último ciclo contan cunha hora semanal de programación. Para despedirme deixovos unha imaxe de cómo sería o moniño mono na súa versión robot.



Un saúdo!


E. M. Gayoso

lunes, 7 de marzo de 2016

Ola mozos e mozas!

Hoxe estou aquí para falar da música asiática, xa que a metade do noso proxecto baséase nesta cultura.

Se tedes curiosidade por saber qué clase de instrumentos son os que existen en dita cultura podedes pinchar aqui para descubrilo.

Para a semana falremos dos instrumentos da cultura africana, polo que todos e todas deberedes de estar atentos.

Un saúdo e ata pronto!

domingo, 6 de marzo de 2016

EXPERIENCIAS PRÁCTICAS PARA A REVISTA DIXITAL

Boas tardes xentiña! Qué tal andades?

Hoxe estamos de novo desde culturalízate para comentarvos un pouco sobre as ideas nas que pensamos para a realización do noso proxecto, e unha pequeña explicación de cada unha delas. Se vos lembrades na entrada da presentación falamos de que o noso traballo vai a consistir nunha revista dixital e nela imos a tratar o tema da diversidade cultural.

Tendo en conta, pois, que imos traballar este ámbito da diversidade, unha das ideas máis básicas que se nos ocurriron foi realizar un mapa conceptual no que se inclúan textos, imaxes, vídeos, música, etc, de cada unha das culturas que estudaremos, sendo estas a hindú, a mongola e a tailandesa en Asia; e a mursi, a surma e a masai en África. Nestes mapas explicaremos entre outras cousas de qué tratan, de onde son orixinarias (ampliando un pouco o ámbito xeográfico) e algunhas curiosidades e costumes sobre elas. Para que os rapaces e rapazas aprendan a localizalas pensamos nun xogo no que haxa que situalas nun mapamundi, clasificándoas segundo sexan africanas ou asiáticas, polo seu nome e a través de imaxes ou cancións populares. Ademais, para tratar estas culturas pensamos noutras actividades e métodos como os que ides ver a continuación.

Consideramos que ademais dun xogo introductorio como o de antes, tamén se poden realizar xogos tradicionais de cada cultura e polos en práctica co alumnado. Estes poderían ser levados a cabo, por exemplo, con materiais como libros electrónicos (co editor Edilim). De novo, outra actividade lúdica podería ser que os nenos e as nenas tivesen que facer unha exercicio de relacionar as vestimentas propias de cada cultura e para que as asociaran poderíanse dar pequenas pistas propóndolles algunhas adiviñanzas.

Para ver con máis profundidade cada unha das culturas concretas que se tratan desde Culturalízate tamén buscamos algunhas ideas máis especificas para cada unha delas. Os nenos e nenas poderían realizar unha actividade na que terían que asociar as caras pintadas de cores ás emocións, e en cada imaxe aparecería unha breve explicación. Este sería un bó exemplo para representar a cultura Surma. Por outra banda, en relación ca cultura Masai terían que facer un vídeo en slow time ou slow motion relacionado ca acción de saltar, xa que esto é un feito típico desta cultura africana. Para a tailandesa, poderían crear os seus propios collares e a través de textos informativos aprenderían o que representan as anelas que levan. Sobre esta cultura tamén atopamos un xogo chamado “Jam Jii”, que consiste en que 3 ou 4 xogadores e xogadoras poñen as mans sobre o chan. Un dos xogadores ou xogadoras empeza a cantar e os outros e outras moven os dedos mentres a música está sonando. En canto a persoa que están cantando deixe de facelo, os dedos deberán de moverse ao mesmo tempo. Se algunha das persoas que están xogando non deixa de movelos, o seu “castigo” sería encoller un dedo e seguir xogando ata que remate a partida. É algo parecido ao xogo que temos aquí coa música e as cadeiras. Unha forma de explicar o xogo, sería porlle ó noso alumnado algún vídeo deste xogo e se vemos que non atopamos ningún crear un nós mesmos, o cal se acompañaría de algunhas preguntas que demostrarían se os nenos/as entenderon o procedemento. Logo poríase en práctica na nosa aula para que a idea se asimilase de todo. E sobre a cultura mursi, terían que facer un cuestionario para aprender curiosidades sobre esta tribu. Os Mursi son unha tribú proveñente de África cuxa característica máis salientable é lucir pratos nos beizos e nas orellas. Para que os nenos/as entenderán isto, a nosa idea era crear un Power Point no que explicamos o porqué desta tradición e logo en forma de cuestionario, “examinalos” para nós ver e que eles mesmos vexan se lles serviu e se o entenderon.

Desde Culturalízate despedímonos polo momento. Que pasedes unha boa tarde!


Brainstorming

sábado, 5 de marzo de 2016

Moi boas tardes xentiña!

Espero que o voso sábado esté indo fenomenal. Hoxe, como cada semana estou aquí para facer unha nova entrada. O tema hoxe é ferramentas TIC

A primeira que vos quero recomendar é un canal sobre vídeos educativos que podes encontrar en Youtube. Para acceder e botar unha ollada, pinchade aquí. Dentro do canal están diferenciadas as diferentes categorías para que podades acceder a que máis vos guste ou a que estedes buscando en particular e tamén trata sobre todas as asignaturas, así que non debería de existir ningún problema.

O seguinte que tamén me pareceu moi interesante e divertido é ZooBurst. Está dispoñible na tenda de Apple (AppStore) e é unha forma de crear contos con imaxes sinxelas e que é fácil de utilizar para todo o mundo, incluso poderíase por en práctica cos nenos na aula. É un aplicación en inglés, así que dela obteríase dobre ventaxa: o uso e aprendizaxe do inglés así como o aprender a usar as TIC.

Por último e para rematar esta entrada xa, a seguinte ferramenta é Kubbu. Para utilizar esta páxina requírese o rexistro gratuíto e a partir de aí, xa se podería usar a páxina sen ningún tipo de problema. Esta ferramenta consiste na creación de exercicios didácticos que máis tarde se porán en práctica na clase ou na aula cos nosos alumnos/as.

Isto é todo por hoxe. Espero que disfrutedes das ferramentas e que non atopedes ningún tipo de problema para utilizalas.

Un saúdo,


Vicky Fernández

viernes, 4 de marzo de 2016

Boas tardes! Como vai todo?

Esta semana a miña reflexión estará adicada ás ferramentas TIC; pero coido que en primeiro lugar nos debemos preguntar que son as TIC?

Para resolver esta pregunta deixovos o enlace dun vídeo onde se explica perfectamente que son. 
As TIC .

Logo de velo e despois de pensar durante uns instantes decatarédevos de que estamos rodeados de TIC por todos os lados;aplicacións para o móbil, para o ordenador, para as tablets...

Unha das primeiras ferramentas das que vou falar é como non  o noso buscador Google; quen non  o coñece? É unha das ferramentas máis comúns usadas por todo o mundo e dentro desta podemos atopar outras diversas como Blogger, para crear blogs, Google Maps que como o seu nome indica móstranos mapas dos lugares que indiquemos, Google Earth que é un simulador da Terra, Google drive para compartir información, modificar documentos en liña, almacenalos..., e outra que atopei e que pode ser útil é Google Keep que serve para crear notas multimedia.

Outra ferramenta útil para cando sexamos mestres e mestras é a de Plagiarisma que para quen non a coñecían como o seu nome ben indica serve para detectar cando un texto é plaxiado de internet. 

Unha ferramenta novidosa que descubrin con esta asignatura foi a wiki; ata agora non sabía o que era; pois ben, unha wiki  é  un sitio web que nos permite acceder e participar, crear ou editar contidos sen ter ningunha ferramenta técnica. 


    Deixovos esta imaxe onde se mostra un exemplo dunha wiki.


Un saúdo, ata a próxima!




jueves, 3 de marzo de 2016

FALANDO SOBRE ALGUNHAS FERRAMENTAS TIC

Bos días internautas! Que tal estades?

Na entrada de hoxe queríavos falar un pouco sobre algunhas ferramentas TIC variadas que penso que poden ser bastante útiles para o ámbito escolar por diversas razóns.

Por exemplo, Google Hangouts é unha aplicación ca que se pode constituir un grupo de chat ou videochat de até 10 persoas que permite enviar leccións online ó alumnado ou crear unha clase ou agrupación virtual de intercambio de opinión, polo que grazas a ela pódense recibir explicacións de materias de forma dixital. Continuando nesta liña de realizar tarefas a distancia tamén temos outro servicio de Google. Falo de Google Drive, un programa co que tendo unha conta de gmail nos permite realizar documentos e compartilos con outra xente, de forma que é ideal para traballar cando os e as integrantes dun grupo teñen dificultades para quedar e poder realizar as tarefas. Desde Culturalízate consideramos que é un bó mecanismo de traballo e no noso ámbito universitario dáselle bastante uso. Estes materiais non están pensados específicamente para o alumnado máis xoven, aínda que considero que lles poderían axudar a introducilos no ámbito virtual para que vaian aprendendo a empregar os ordenadores e Internet, xa que máis adiante terán que facer traballos e probablemente faran uso de mecanismos deste estilo.

Por tanto, pensando máis nos rapaces e nas rapazas de Educación Primaria temos outras ferramentas TIC para que poidan aprender dunha forma un tanto máis divertida, e nalgúns casos incluso realista. Neste caso pensei en investigar sobre o ámbito das ciencias, do que podemos obter algúns utensilios como os que vou comentar agora.

Stellarium é un planetario virtual descargable para todos os sistemas operativos que amosa o ceo en 3D, por tanto é ideal á hora de dar temas relacionados cos planetas, as constelacións...a astronomía en xeral. Co simulador Anatronica (en inglés) pódese facilitar a ensinanza da anatomía humana, xa que permite interactuar e visualizar o esqueleto, os aparellos e sistemas, e os órganos. DinoScience é unha aplicación móvil dispoñible para Android e iOS que lle permite ós nenos e ás nenas coñecer dunha maneira lúdica e interactiva o mundo dos dinosaurios, obter información publicada pola propia comunidade e incluso completar con fotografías xeolocalizadas o atlas de xacementos. O Proxecto Noah, tamén en inglés, da a posibilidade de observar a flora e a fauna de todo o mundo, e igualemente permite realizar os seus propios rexistros. Outras posibilidades TIC relacionadas ca aprendizaxe dos animais e as plantas son Discover Life e Online Plant Guide, que son básicamente guías de identificación das distintas especies e das súas características e que permiten igualmente recopilar información e imaxes para ampliar un pouco máis sobre o tema.

E así podemos dar por finalizada esta reflexión sobre ferramentas. Espero que pasedes un bó día!


Eva M Gayoso