PLAYLIST

jueves, 10 de marzo de 2016

Ola a todo o mundo. Como vai a semana?

Hoxe estou aquí para volver falarvos un pouco de ferramentas TIC que ata o momento descoñecía e que coido que nos poden ser útiles en moitas ocasións.

A primeira de todas chámase Edmodo; é parecida a unha rede social, bueno, a  súa función é a mesma pero ten maior privacidade e seguridade. O seu obxectivo é ser unha ferramenta útil na que os alumnos esten comunicados co tutor e na cal se poidan compartir exames, documentos ou calquera outra información que se precise. Adxúntovos aquí un vídeo no que se explica perfectamente o que é. Que é Edmodo?

Outra ferramenta moi útil é Evernote que nos axuda a recordar e a gardar toda a información que precisemos; é moi fácil de usar e moi útil. Se queredes saber todo sobre Evernote pinchade aquí

E xa para rematar a última ferramenta esta vez adicada a editar fotos, crear collages... Moi sinxela de utilizar e os resultados obtidos son realmente xeniais e sobre todo o bo dela é que non hai que descargar ningún tipo de software. O seu nome é PicMonckey, poddes acceder a ela dende o enlace; espero que vos resulte útil e que sexa o sustituto ao Picassa. enlace picmonkey


Un saúdo, e ata a semana que ven!

miércoles, 9 de marzo de 2016

Boas tardes a todos e todas! Que hai de novo?

Hoxe véñovos falar dunha curiosa experiencia práctica ca que xa me atopei en varias webs e que resulta bastante interesante e, na miña opinión, divertida para o alumnado, ademais de innovadora. Se queredes saber a qué me refiro explícovolo a continuación.

No centro concertado San Roque en Alcoy (Alicante) o alumnado de 6º de Primaria realizaron un proxecto relacionado ca ciencia que durou cinco semanas e que se baseou especialmente en contidos que tiñan que ver especialmente co ámbito da robótica, en lugar de limitarse ós experiementos de laboratorio de toda a vida. Grazas ó proxecto Fem Robots (que se traduce como “facemos robots”) estes nenos e nenas puideron entrar no asombroso mundo da robótica a partir de materias como por exemplo física, matemáticas, inglés ou informática. As sesión foron realizadas fora do recinto escolar e ca colaboración municipal dun experto e unha experta na materia, procedentes de Ágora Lab. Deixovos aquí o enlace da web do centro por se queredes coñecelo un pouco mellor.

En Educación 3.0 podemos atopar un artigo no que nos explica un pouco como podemos introducir ó alumnado de Educación Primaria na rama da robótica. Pinchando aquí podedes velo compreto e se o facedes tamén veredes que no colexio Antonio de Nebrija en Murcia levan a cabo obradoiros co alumnado de 4º de Primaria, e no último ciclo contan cunha hora semanal de programación. Para despedirme deixovos unha imaxe de cómo sería o moniño mono na súa versión robot.



Un saúdo!


E. M. Gayoso

lunes, 7 de marzo de 2016

Ola mozos e mozas!

Hoxe estou aquí para falar da música asiática, xa que a metade do noso proxecto baséase nesta cultura.

Se tedes curiosidade por saber qué clase de instrumentos son os que existen en dita cultura podedes pinchar aqui para descubrilo.

Para a semana falremos dos instrumentos da cultura africana, polo que todos e todas deberedes de estar atentos.

Un saúdo e ata pronto!

domingo, 6 de marzo de 2016

EXPERIENCIAS PRÁCTICAS PARA A REVISTA DIXITAL

Boas tardes xentiña! Qué tal andades?

Hoxe estamos de novo desde culturalízate para comentarvos un pouco sobre as ideas nas que pensamos para a realización do noso proxecto, e unha pequeña explicación de cada unha delas. Se vos lembrades na entrada da presentación falamos de que o noso traballo vai a consistir nunha revista dixital e nela imos a tratar o tema da diversidade cultural.

Tendo en conta, pois, que imos traballar este ámbito da diversidade, unha das ideas máis básicas que se nos ocurriron foi realizar un mapa conceptual no que se inclúan textos, imaxes, vídeos, música, etc, de cada unha das culturas que estudaremos, sendo estas a hindú, a mongola e a tailandesa en Asia; e a mursi, a surma e a masai en África. Nestes mapas explicaremos entre outras cousas de qué tratan, de onde son orixinarias (ampliando un pouco o ámbito xeográfico) e algunhas curiosidades e costumes sobre elas. Para que os rapaces e rapazas aprendan a localizalas pensamos nun xogo no que haxa que situalas nun mapamundi, clasificándoas segundo sexan africanas ou asiáticas, polo seu nome e a través de imaxes ou cancións populares. Ademais, para tratar estas culturas pensamos noutras actividades e métodos como os que ides ver a continuación.

Consideramos que ademais dun xogo introductorio como o de antes, tamén se poden realizar xogos tradicionais de cada cultura e polos en práctica co alumnado. Estes poderían ser levados a cabo, por exemplo, con materiais como libros electrónicos (co editor Edilim). De novo, outra actividade lúdica podería ser que os nenos e as nenas tivesen que facer unha exercicio de relacionar as vestimentas propias de cada cultura e para que as asociaran poderíanse dar pequenas pistas propóndolles algunhas adiviñanzas.

Para ver con máis profundidade cada unha das culturas concretas que se tratan desde Culturalízate tamén buscamos algunhas ideas máis especificas para cada unha delas. Os nenos e nenas poderían realizar unha actividade na que terían que asociar as caras pintadas de cores ás emocións, e en cada imaxe aparecería unha breve explicación. Este sería un bó exemplo para representar a cultura Surma. Por outra banda, en relación ca cultura Masai terían que facer un vídeo en slow time ou slow motion relacionado ca acción de saltar, xa que esto é un feito típico desta cultura africana. Para a tailandesa, poderían crear os seus propios collares e a través de textos informativos aprenderían o que representan as anelas que levan. Sobre esta cultura tamén atopamos un xogo chamado “Jam Jii”, que consiste en que 3 ou 4 xogadores e xogadoras poñen as mans sobre o chan. Un dos xogadores ou xogadoras empeza a cantar e os outros e outras moven os dedos mentres a música está sonando. En canto a persoa que están cantando deixe de facelo, os dedos deberán de moverse ao mesmo tempo. Se algunha das persoas que están xogando non deixa de movelos, o seu “castigo” sería encoller un dedo e seguir xogando ata que remate a partida. É algo parecido ao xogo que temos aquí coa música e as cadeiras. Unha forma de explicar o xogo, sería porlle ó noso alumnado algún vídeo deste xogo e se vemos que non atopamos ningún crear un nós mesmos, o cal se acompañaría de algunhas preguntas que demostrarían se os nenos/as entenderon o procedemento. Logo poríase en práctica na nosa aula para que a idea se asimilase de todo. E sobre a cultura mursi, terían que facer un cuestionario para aprender curiosidades sobre esta tribu. Os Mursi son unha tribú proveñente de África cuxa característica máis salientable é lucir pratos nos beizos e nas orellas. Para que os nenos/as entenderán isto, a nosa idea era crear un Power Point no que explicamos o porqué desta tradición e logo en forma de cuestionario, “examinalos” para nós ver e que eles mesmos vexan se lles serviu e se o entenderon.

Desde Culturalízate despedímonos polo momento. Que pasedes unha boa tarde!


Brainstorming

sábado, 5 de marzo de 2016

Moi boas tardes xentiña!

Espero que o voso sábado esté indo fenomenal. Hoxe, como cada semana estou aquí para facer unha nova entrada. O tema hoxe é ferramentas TIC

A primeira que vos quero recomendar é un canal sobre vídeos educativos que podes encontrar en Youtube. Para acceder e botar unha ollada, pinchade aquí. Dentro do canal están diferenciadas as diferentes categorías para que podades acceder a que máis vos guste ou a que estedes buscando en particular e tamén trata sobre todas as asignaturas, así que non debería de existir ningún problema.

O seguinte que tamén me pareceu moi interesante e divertido é ZooBurst. Está dispoñible na tenda de Apple (AppStore) e é unha forma de crear contos con imaxes sinxelas e que é fácil de utilizar para todo o mundo, incluso poderíase por en práctica cos nenos na aula. É un aplicación en inglés, así que dela obteríase dobre ventaxa: o uso e aprendizaxe do inglés así como o aprender a usar as TIC.

Por último e para rematar esta entrada xa, a seguinte ferramenta é Kubbu. Para utilizar esta páxina requírese o rexistro gratuíto e a partir de aí, xa se podería usar a páxina sen ningún tipo de problema. Esta ferramenta consiste na creación de exercicios didácticos que máis tarde se porán en práctica na clase ou na aula cos nosos alumnos/as.

Isto é todo por hoxe. Espero que disfrutedes das ferramentas e que non atopedes ningún tipo de problema para utilizalas.

Un saúdo,


Vicky Fernández

viernes, 4 de marzo de 2016

Boas tardes! Como vai todo?

Esta semana a miña reflexión estará adicada ás ferramentas TIC; pero coido que en primeiro lugar nos debemos preguntar que son as TIC?

Para resolver esta pregunta deixovos o enlace dun vídeo onde se explica perfectamente que son. 
As TIC .

Logo de velo e despois de pensar durante uns instantes decatarédevos de que estamos rodeados de TIC por todos os lados;aplicacións para o móbil, para o ordenador, para as tablets...

Unha das primeiras ferramentas das que vou falar é como non  o noso buscador Google; quen non  o coñece? É unha das ferramentas máis comúns usadas por todo o mundo e dentro desta podemos atopar outras diversas como Blogger, para crear blogs, Google Maps que como o seu nome indica móstranos mapas dos lugares que indiquemos, Google Earth que é un simulador da Terra, Google drive para compartir información, modificar documentos en liña, almacenalos..., e outra que atopei e que pode ser útil é Google Keep que serve para crear notas multimedia.

Outra ferramenta útil para cando sexamos mestres e mestras é a de Plagiarisma que para quen non a coñecían como o seu nome ben indica serve para detectar cando un texto é plaxiado de internet. 

Unha ferramenta novidosa que descubrin con esta asignatura foi a wiki; ata agora non sabía o que era; pois ben, unha wiki  é  un sitio web que nos permite acceder e participar, crear ou editar contidos sen ter ningunha ferramenta técnica. 


    Deixovos esta imaxe onde se mostra un exemplo dunha wiki.


Un saúdo, ata a próxima!




jueves, 3 de marzo de 2016

FALANDO SOBRE ALGUNHAS FERRAMENTAS TIC

Bos días internautas! Que tal estades?

Na entrada de hoxe queríavos falar un pouco sobre algunhas ferramentas TIC variadas que penso que poden ser bastante útiles para o ámbito escolar por diversas razóns.

Por exemplo, Google Hangouts é unha aplicación ca que se pode constituir un grupo de chat ou videochat de até 10 persoas que permite enviar leccións online ó alumnado ou crear unha clase ou agrupación virtual de intercambio de opinión, polo que grazas a ela pódense recibir explicacións de materias de forma dixital. Continuando nesta liña de realizar tarefas a distancia tamén temos outro servicio de Google. Falo de Google Drive, un programa co que tendo unha conta de gmail nos permite realizar documentos e compartilos con outra xente, de forma que é ideal para traballar cando os e as integrantes dun grupo teñen dificultades para quedar e poder realizar as tarefas. Desde Culturalízate consideramos que é un bó mecanismo de traballo e no noso ámbito universitario dáselle bastante uso. Estes materiais non están pensados específicamente para o alumnado máis xoven, aínda que considero que lles poderían axudar a introducilos no ámbito virtual para que vaian aprendendo a empregar os ordenadores e Internet, xa que máis adiante terán que facer traballos e probablemente faran uso de mecanismos deste estilo.

Por tanto, pensando máis nos rapaces e nas rapazas de Educación Primaria temos outras ferramentas TIC para que poidan aprender dunha forma un tanto máis divertida, e nalgúns casos incluso realista. Neste caso pensei en investigar sobre o ámbito das ciencias, do que podemos obter algúns utensilios como os que vou comentar agora.

Stellarium é un planetario virtual descargable para todos os sistemas operativos que amosa o ceo en 3D, por tanto é ideal á hora de dar temas relacionados cos planetas, as constelacións...a astronomía en xeral. Co simulador Anatronica (en inglés) pódese facilitar a ensinanza da anatomía humana, xa que permite interactuar e visualizar o esqueleto, os aparellos e sistemas, e os órganos. DinoScience é unha aplicación móvil dispoñible para Android e iOS que lle permite ós nenos e ás nenas coñecer dunha maneira lúdica e interactiva o mundo dos dinosaurios, obter información publicada pola propia comunidade e incluso completar con fotografías xeolocalizadas o atlas de xacementos. O Proxecto Noah, tamén en inglés, da a posibilidade de observar a flora e a fauna de todo o mundo, e igualemente permite realizar os seus propios rexistros. Outras posibilidades TIC relacionadas ca aprendizaxe dos animais e as plantas son Discover Life e Online Plant Guide, que son básicamente guías de identificación das distintas especies e das súas características e que permiten igualmente recopilar información e imaxes para ampliar un pouco máis sobre o tema.

E así podemos dar por finalizada esta reflexión sobre ferramentas. Espero que pasedes un bó día!


Eva M Gayoso