PLAYLIST

viernes, 29 de abril de 2016

ALGÚNS RECURSOS TIC...

Boas tardes! Qué tal estades hoxe? Eu ando con moitos traballos e estudando para os exames e síntome un pouco estresada, pero espero ter sorte e que todo salia ben. Esta tarde queríavos falar sobre algúns recursos TIC variados, que xa facía tempo que nin facía unha entrada sobre eles.

Temos, por exemplo, un blog que se chama El mar es azul no que poderedes atopar xogos para a lectoescritura. Pensei que vos gustaría porque ten exercicios bastante variados, como por exemplo este no que se practican as letras:




Outro recurso que creo que vos pode interesar é Kiddle, un buscador pensado para os nenos e as nenas, xa que nos ofrece sitios seguros e emprega unha linguaxe mais adaptada, bloqueando palabras malsoantes e resultados cun significado explícito. Así que se vos preocupa a seguridade dos vosos fillos e das vosas fillas podédeslle botar un vistazo e comprobar como de efectivo pode ser para vós.

O último recurso chamase ARASAAC, unha páxina na que poderedes atopar pictogramas. Ocurríuseme falarvos dela porque neste cuatrimestra estamos traballando nunha asignatura sobre os trastornos do desenvolvemento e as dificultades de aprendizaxe. Paréceme realmente útil porque con ela podemos crear axendas para os nenos e as nenas con Autismo ou Ásperger, xa que facilitan a anticipación e comprension das situacións e teñen efectos positivos que favorecen a tranquilidade e a calma, favorecen a súa motuvación para a aprendizaxe e contribúen a organizar o seu mundo. Se clicades aquí podedes acceder á páxina.

Despídome por hoxe, espero que pasedes unha boa tarde, ata a póxima!



miércoles, 27 de abril de 2016

INFORME NOVAS TECNOLOXÍAS

Boas tardes!
Hoxe traémosvos o informe do noso proxecto, no que estivemos traballando estes días. Consta dunha xustificación sobre a elección do medio (unha revista dixital), e de porqué escollemos o tema da diversidade. Despois, facemos referencia ó contexto, no que explicamos o centro no que se levaría a cabo o traballo. A continuación ven o contexto curricular, no que poderedes ver os obxectivos, as competencias e o área a tratar; as actividades, que coñecedes porque xa foron publicadas no blog e finalmente unha conclusión e a bibliografía. Para ver o noso informe clicade aquí. 

Tamén fixemos unha webquest, unha actividade na que se realizan exercicios a partir dun proceso guiado. Se pinchades aquí podedes vela. Esperamos que vos guste e xa nos vemos pronto!


Culturalízate

martes, 26 de abril de 2016

Ola,ola a todos e todas!

 Aquí vos deixo a nosa última actividade para o proxecto, neste caso é un multimedia e escollimos facer un slow motion.

Nel represéntase un salto como o que fan os masai para medir a súa forza.

Asique xa sabedes se vos animades comprobade canta forza podedes ter a través dun salto.

un saúdo! :)


miércoles, 20 de abril de 2016

ALGÚNS CONSELLOS E MEDIDAS PARA A DIVERSIDADE

Boas tardes internautas! Que hai de novo polas vosas vidas? Eu ando un pouco estresada cos traballos e os exames de clase e case non teño tempo para nada, e tamén espero que vos estedeades ben.

Pois hoxe estou de novo para facer outra reflexión teórica porque teño pouquiñas e quero ter algo de variedade nas entradas.  Estiven pensando que xa vos falei varias veces da atención á diversidade, pero nunca me parei a explicarvos en qué consiste e a quén se inclúe. Pois ben, a diversidade cultural refírese ó conxunto de accións educativas que nun sentido amplo tratan de previr e dar resposta ás necesidades de todo o alumnado do centro e, entre eles, á parte que precisa unha actuación específica derivada de factores persoais ou sociais relacionados con situacións de desvantaxe sociocultural, de altas capacidades, de comprensión lingüística, comunicación e da linguaxe ou discapacidade física, psíquica, sensorial ou con trastornos graves da comunicación e da linguaxe. Por tanto, ca diversidad trátase de garantizar o desenvolvemento de todos os alumnos e todasas alumnas á vez que reciben atención en función das necesidades que teñan.

Algúns consellos para fomentar a diversidade, débese ampliar o acceso ás Tecnoloxías da Información e Comunicación para mellorar os aprendizaxes e reducir a brecha dixital; impulsar medidas cas que lograr un clima escolar favorable que propicie a integración, o respeto mutuo e a solución de conflictos a través do diálogo entre os distintos actores e actrices da comunidade educativa; tamén é importante proporcionarle ó profesorado apoio interdisciplinario para que sexan capaces de identificar adecuadamente as dificultades de aprendizaxe; promover mecanismos de concertación entre distintos secotrs do gobernó e da sociedade civil para o debate e monitoreo das políticas educativas e para enfrontar as causas que xeran desigualdade dentro e fora dos sistemas educativos, proporcionando recursos para que o estudantado en situación de alto riesgo de exclusión educativa ou social podan, en igualdade de condicións, aproveitar as oportunidades educativas; adoptar unhas medidas educativas para atender a diversidade, tales como a educación intercultural, educación como enfoque de xénero, diversificación da oferta educativa, adaptación do currículo, elaboración de textos ou imaxes que non conteñan estereotipos, extensión da xornada escolar, calendarios flexibles… e deseñar acción específicas para asegurar o dereito a unha educación de calidade en igualdade de condicións.

Por suposto é necesario promover unha educación intercultural e bilingüe para todos os niveis educativos, priorizar a mellora da calidade das escolas rurais e crear redes, e ampliar o acceso e a mellora da calidade da educación para aqueles alumnos e alumnas que teñan Necesidades Educativas Especiais, fortalecendo os procesos de escolas inclusivas e transformando progresivamente os centros de educación especial en centros que conten con recursos para a comunidade e o resto do sistema educativo.


Con isto xa me despido de vos, espero que pasedes unha boa semana e vémonos a próxima. Un saúdo!

lunes, 18 de abril de 2016

Ola mozos /as!

Escribimos esta entrada co fin de agradecer os comentarios que se fixeron sobre as nosas entradas, máis ben, os bos comentarios.

Ditos comentarios fannos ver que o noso proxecto está sendo interesante e apórtanos unha motivación extra de cara ao futuro.

Un saúdo a todos/as!
Moi bos días!

Hoxe imos falar do noso proxecto máis en profundidade, xa que tocaremos partes importantes do mesmo, como a contextualización e a temporalización.

Ben, dito o anterior comezaremos falando do contexto, é dicir, o noso proxecto nace para concienciar as mentes do mañá da importancia da diversidade. Este termo é moi amplo e difícil de definir, nel queremos incluir unha serie de valores que queremos inculcar con dito proxecto.

Vamos traballar cos nenos e nenas de primaria dende 1º ata 6º, serán nenos/as comprendidos/as nas idades de 6 a 11 anos, decidimos traballar con ditas idades por moitos motivos, aquí presentamos algúns deles:

  • Pola sensibilidade que chegamos a desenvolver hacia os demais.
  • Pola facilidade para inculcar certos valores, xa que canto máis maiores nos facemos máis prexuízos temos.
  • O proxecto será moito máis dinámico nestas idades que en idades máis tardías, en parte polas ganas e a motivación que poden aportar nenos/as de 6 a 11 anos.

A duración será de 3 meses, é dicir un trimestre do ano escolar. Cremos que un trimestre é o tempo ideal porque nesta franxa temporal os nenos/as poderán asimilar o concepto de diversidade sen que se faga moi aburrido e demasiado recorrente.

Esperamos que vos guste o noso proxecto e que entendades o que realmente queremos conseguir con el, un mundo no que a diversidade signifique igualdade.

Un saúdo!


domingo, 17 de abril de 2016

Ola a todo o mundo!

Esta semana traiovos un vídeo para que reflexionedes sobre o que é para cada un de vos a diversidade.



Espero que vos guste e que vos sirva para aprender a incluír a todo tipo de persoas por moi diferentes que sexan nas vosas vidas.

Un saúdo e un bico! 

sábado, 16 de abril de 2016

TIC PARA AS NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

Moi boas! Como vai esa mañá internautas?

Onte estiven revisando as miñas entradas que fun publicando no Blog e reparei en que nunha das primeiras que publiquei vos comentei algo sobre unos recursos adicados a nenos e nenas, que por un lado son superdotados e superdotadas, sendo por  tanto alumnado con altas capacidades,e, por outro, que teñen algunha discapacidade ou dificulltade de aprendizaxe. Pois ben, hoxe gustaríame tratar a importancia que teñen estes recursos e ferramentas para o alumnado que ten problemas. Tamén me fixei en que non teño prácticamente ningunha reflezión teórica así que a entrada de hoxe vai a consistir neso.  Seguide lendo ,que a continuación vos vou a falar, como dixen antes, sobre as TIC e as Necesidades Educativas Especiais.

Para comezar, é necesario saber a qué nos referimos cando falamos de Necesidades Educativas Especiais, porque se non o temos claro, tampouco saberemos a quen poden ir dirixidas estas tecnoloxías.  O alumnado con NEE é aquel que precisa, durante un período da súa escolarización, ou ben durante toda a súa vida, determinados apoios e atención educativas específicas derivadas da discapacidade ou trastornos graves de conducta. As características das TIC que poderían ir dirixidas ós nenos e nenas que se inclúen dentro deste ámbito están baseadas nun conxunto de servizos, redes, dispositivos e outros; e pretenden, básicamente servir como axuda e mellorar a vida desta xente.

Dentro deste tipo de TIC podemos distinguir as tecnoloxías que traten de facilitar o acceso ó aula, as fontes de información e os ordenadores; e por outra parte as tecnoloxías que se poden empregar para traballar as NEE. Así, destro destas necesidades poderemos procurar e atopar tecnoloxías para discapacidades físicas, psíquicas, auditivas, visuais e para os trastornos do desenvolvemento.

Para despedirme tamén vos deixo un enlace no que poderedes botarlle un vistazo a unha ampla variedade de opción de recursos, ferramentas, blogs, guías e proxectos para axudar ó alumnado que ten algún tipo de dificultade, trastorno ou discapacidade e ampliar un pouco máis o que vos expliquei nesta reflexión. Se queredes ver de qué vos falo pinchade aquí.


Un saúdo e ata pronto!

martes, 5 de abril de 2016

RECURSOS TIC VARIADOS

Qué hai de novo internautas!

Hoxe estou aquí outra vez para falarvos sobre unhos recursos TIC que atopei e, como sempre penso que vos poden interesar.  
                                                
Para comezar, lémbrovos que no Blog de Culturalízate tratamos o tema da diversidade, o que implicar respetar as diversas culturas do mundo e conseguir que incluso se chegue a aprecialas. Co tema da diversidade referímonos principalmente a persoas, pero por outra parte tamén debemos ter en conta que no planeta existe unha gran variedade de plantas e animais. Pois ben, no xogo que vos propoño aquí. 

Por outra banda, en Aula Planeta dannos as direccións para acceder a unha serie de Blogs nos que se dan ideas para o conxunto da Comunidade Educativa, e por tanto incluíndo ás nais e ós pais, ó profesorado e ó alumnado. Eu boteilles un vistazo e realmente paréceme que son útiles. 

Por último, queríavos ensiñar algo que non en que ver tanto co noso tema pero que tamén me paréce importante. Se clicades aquí podedes ver o conto do Patiño Feo en versión vídeo. Penso que con el os nenos e nenas de Primaria podeían tratar a educación emocional a partir do descubrimento do respeto e as diferenzas.

Esperando que mellore un pouco o tempo mándovos un gran saúdo a todos e a todas! Ata logiño!


lunes, 4 de abril de 2016

Ola!

Deixovos a miña segunda actividade.

 Esta vez é un mapa conceptual que vos vai ser útil para resolver algunhas das actividades dos meus compañeiros.

Espero que non resulte moi monótono e que con el poidades saber un pouquiño máis doutras culturas.

Mapa Conceptual

Un saudiño!!


Boas tardes a todo o mundo! Como vai iso?

Esta semana estiven traballando co programa edilim co cal se poden realizar diversas actividades como xogos de parellas, sopas de letras, encrucillados, libros interactivos etc.

Resulta bastante sinxelo de manexar o malo é que da algún problemiña á hora de gardar o traballo.

Sen máis, preséntovos a miña nova actividade para o proxecto trátase dun xogo  de parellas onde se mostran seis parellas das seis culturas ás que adicamos o noso traballo.

Espero que a empreguedes. Ata pronto! :)

 
Ola de novo!

Esta vez traio un xogo  feito pola "Obra Social La Caixa".

Con este xogo preténdese promover o respeto, a tolerancia e o coñecemento da diversidade cultural.

Este xogo dívidese en 9 mini xogos repartidos en tres clases diferenciadas: Comunicación, arte e costumes e por último tradicións.

Como complemento a este xogo propóñenos unha gincana coa que se afianzan os coñecementos adquiridos cos xogos.

Se queredes probar tanto o xogo como a gincana premede nos seguintes enlaces.
       - El juego del mercado diverso
      -  Gincana da diversidade


Un Saúdo !!!!!





Moi bos días!

Hoxe falarei da diversidade cultural na aula fronte a diversidade cultural na sociedade.

Dende o meu punto de vista, a diversidade é un tema complicado de tratar pero creo que a mellor forma é (como na maioría dos casos) intentar atallar o problema dende o principio.

Neste caso en concreto habería que tomar conciencia dende as aulas, xa que os nenos e nenas de hoxe serán os homes e mulleres do mañán, polo que pasarán a ser membros activos da sociedade.

Se vos resulta interesante o que estou a dicir( que pode ser que non) poderes seguir ampliando a vosa información a cerca do tema neste enlace.

Un saúdo e que teñades unha boa semana!